Saltar ao contido

Cydonia (Marte)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cydonia
Unha pequena porción da rexión de Cydonia onde se pode aprecia-la "cara de Marte", fotografada pola sonda Viking 1 e exposta pola NASA/JPL o 25 de xullo de 1976.
Tipo de rexión Regio ou de albedo
Rexión de Marte
Diámetro ?
Coordenadas 39,67° N 360º S[1]
Procedencia do nome termo poético orixinario de Creta.[1]

Cydonia é unha rexión do planeta Marte, que atraeu a atención tanto de científicos[2] coma a atención popular.[3][4] O nome orixinal referise a un accidente xeolóxico de albedo (unha área coloreada de xeito distintivo) que era visible dende telescopios terrestres. Cydonia anda a cabalo entre as fronteiras das planicies de Acidalia Planitia e as terras altas de Arabia Terra.[5]

A área inclúe as rexións de Marte: "Cydonia Mensae", unha área elevada con cumio plano, "Cydonia Colles", unha rexión de outeiros e pequenas montañas, e "Cydonia Labyrinthus", unha complexa intersección de vales.[6][7] Coma outros accidentes xeolóxicos de albedo de Marte, o nome de Cydonia era o nome dun clásico accidente xeolóxico de albedo, neste caso o nome facía mención a Kydonia, unha histórica polis (ou "cidade-estado") da illa de Creta.[8]

Cydonia contén a "cara de Marte", situada a medio camiño entre o cráter Arandas e o cráter Bamberg[5] A formación caveira da ESA está a uns poucos quilómetros ó sur da "cara".[5]

Localización

[editar | editar a fonte]
Imaxes externas
Imaxe da rexión de Cydonia tomada pola Mars Express
© ESA/DLR/FU Berlin (G. Neukum)
Credit & Copyright - Scale: 13.7 m/pixel
Mapa de situación da rexión de Cydonia
© FU Berlin/MOLA
Credit & Copyright - Coordenadas: 340ºE-0º e 50ºN-30ºN.

Cydonia está no hemisferio norte, nunha zona de transición entre a fronteira da craterizada da rexión de Arabia Terra que queda ó sur e as planicies de Acidalia Planitia que fican ó norte de Cydonia, hai que subliñar que teoricamente Cydonia pertence á gran rexión de Acidalia Planitia, aínda que nos créditos do mapa de situación de Cydonia da ESA (acceso polo apartado de imaxes externas) se mencione que pertence a Arabia Terra, o propio mapa, que está coloreado en base a altitude, despexa calquera dúbida, xa que Cydonia, excepto a súa mensa e as áreas adxacentes á mesma, está case mesma altitude có resto das planicies de Acidalia Planitia. Algúns planetólogos pensan que existe a posibilidade de que as planicies de Acidalia foran noutra época un leito oceánico[9] e que Cydonia puido se-la súa zona costeira.[10]

"A cara de Marte"

[editar | editar a fonte]
Versión recollida do procesado da imaxe orixinal (#35A72) da "Cara de Marte". Os puntos brancos da imaxe son o resultado erros nos datos.[11]
A imaxe de 1976 tomada polo Viking Orbiter (esquerda, imaxe #70A13) comparada coa tomada no 2001 pola sonda Mars Global Surveyor (dereita). Cunha resolución de 20 metros por pixel.

Un dos accidentes xeolóxicos da rexión de Cydonia, a "cara de Marte" (de aproximadamente 1,5 km de longo), tivo moita repercusión na cultura occidental despois de ser fotografada e amosada ó público no ano 1976, debido á súa gran semellanza cunha faciana.[12] Este caso natural de pareidolia inspirou a moita literatura de ciencia ficción xa que se lle atribuía unha orixe artificial.[12][13] Por comparación, este caso semellase co caso de pareidolia que ocorría no noso planeta co Old Man of the Mountain de Nova Hampshire, antes de que a montaña se colapsase perdendo a forma de ancián que posuía.

Nunha das imaxes tomadas pola sonda Viking 1 o 25 de xullo do ano 1976, ó longo de 2 km dentro da rexión de Cydonia, nas coordenadas exactas de 40,75°N-9,46°O,[14] aparecía un accidente xeolóxico con forma de cara humanoide, a coñecida coma "Cara de Marte". Cando a imaxe orixinal foi catalogada, o xefe científico da Viking, Gerry Soffen, descartou a imaxe 35A72 da "cara"[15] argüíndo que era un truco de luces e sombras.[16][17] Aínda que, nunha segunda imaxe, a 70A13, tamén aparecía a "cara", e que foi tomada pola Viking despois de que esta efectuase 35 órbitas máis cun ángulo diferente de luz respecto da imaxe 35A72. Isto foi descuberto con posterioridade e por separado por Vincent DiPietro e Gregory Molenaar, dos enxeñeiros de computación do centro Goddard Space Flight Center da NASA. DiPietro e Molenaar descubriron estas dúas imaxes perdidas nos arquivos, as imaxes Viking 35A72 e 70A13, mentres estaban navegando polos arquivos da NASA.[18]

Cydonia foi fotografada en detalle por primeira vez polas sondas orbitais Viking 1 e Viking 2. Dende os orbitadores tomáronse dezaoito imaxes da rexión de Cydonia, desas dezaoito imaxes só sete tiñan unha resolución de 250 m/pixel ou unha resolución mellor. As outras 11 imaxes tiñan resolucións moito peores, do redor 550 m/pixel, o cal as fai virtualmente inservibles para o estudo de accidentes xeolóxicos de pequeno tamaño. Das outras sete imaxes de maior calidade, a pobre iluminación e o mal tempo nas que se tomaron dúas delas, fai que o número de imaxes aproveitables se reduza a cinco. Os números da imaxes no catálogo de Mission to Mars: Viking Orbiter Images of Mars son: 35A72 (VO-1010), 70A13 (VO-1011), 561A25 (VO-1021), 673B56 & 673B54 (VO-1063), e 753A33 & 753A34 (VO-1028).[19] Partes desta rexión foron posteriormente fotografadas con resolucións moito mellores, grazas ás sondas Mars Global Surveyor, Mars Express e Mars Reconnaissance Orbiter.

Imaxes posteriores

[editar | editar a fonte]

Despois de máis de 20 anos de que a Viking 1 tomase as primeiras imaxes de Cydonia, unha sucesión de novas sondas visitaron Marte e recolleron unha nova fornada de datos da rexión. Estas sondas inclúen a Mars Global Surveyor (1997–2006)[20] e a sonda Mars Reconnaissance Orbiter (2006-), ámbalas dúas da NASA ,[21] e a sonda Mars Express da Axencia Espacial Europea (2003-).[22] En contraste coas imaxes tomadas pola Vinking, as novas imaxes teñen moita máis resolución, de feito as imaxes da Mars Express teñen unha resolución 14 m/pixel en nalgúns caso as resolucións son mellores. Combinado os datos da High Resolution Stereo Camera (HRSC) da sonda Mars Express e os datos da Mars Orbiter Camera (MOC) da sonda Mars Global Surveyor da NASA, é posible obter representacións en 3D da "cara" de Marte.[20]

Imaxe da "Cara de Marte" tomada coas cámaras de alta resolución da sonda Mars Reconnaissance Orbiter, a imaxe procedente da Viking está na esquina inferior dereita
Imaxe da "Cara de Marte" tomada coas cámaras de alta resolución da sonda Mars Reconnaissance Orbiter, a imaxe procedente da Viking está na esquina inferior dereita
Imaxe da "Cara" tomada dende a Mars Global Surveyor.
Imaxe da "Cara" tomada dende a Mars Global Surveyor.

Cando a "cara" foi fotografada por primeira vez e ata que se sacaron novas imaxes, foi aceptada coma un caso de ilusión óptica, un claro exemplo de pareidolia.[12] Despois da análise das imaxes de gran resolución da sonda Mars Global Surveyor, a NASA declarou que "un detallado análise das imaxes deste accidente xeolóxico revelan é coma calquera outro outeiro natural de Marte, onde ve-la semellanza cun rostro depende do ángulo do visión e do ángulo de inclinación da luz que recibe".[23] Pódense atopar ilusións ópticas semellantes na Terra;[24] eses exemplos poderían incluír ó Old Man of the Mountain, a Pedra da Gávea, o Old Man of Hoy ou o Badlands Guardian.[25]

Especulación

[editar | editar a fonte]
Unha das moitas formacións de Cydonia, chamada moitas veces coma "pirámide D&M".[26][27]

A pareidolia da "cara de Marte" situada na rexión de Cydonia alentou a persoas particulares e a algunhas organizacións na busca de intelixencias extraterrestres e das aterraxes desas supostas intelixencias extraterrestres na Terra, baseándose en parte nas imaxes sen moita resolución tomadas no 1977.[13][28] Algún comentaristas, o máis notable foi Richard C. Hoagland, pensaban que a "Cara" era a evidencia dunha civilización marciana desaparecida xa hai moito tempo, a cara era xunto con outros accidentes xeolóxicos con formas xeométricas ou piramidais, serían parte dunha cidade en ruínas.

Cando se aceptou a "cara" coma suxeito para o estudo científico, o astrónomo Carl Sagan criticou moito a especulación que rodeaba a este estudo no capítulo "The Man in the Moon and the Face on Mars" do seu libro The Demon-Haunted World.[29][30] A "cara" é unha referencia usual dentro dos grupos escépticos, que o usan coma exemplo de credulidade.[31] Tamén outro dato sostén as críticas de Sagan, e que hai máis "caras" en Marte, a miúdo máis definidas cá de Cydonia, pero esas imaxes non obtiveron o mesmo nivel de estudo cá imaxe da cara de Cydonia. Coma exemplo pódese pór o cráter Galle, o cal semella un "risoño" (smiley) ou outra que se asemella á ra Gustavo de Barrio Sésamo.[32] Na columna Skeptical Eye (mirada escéptica) da revista Discover ridiculizábanse as reclamacións de Hoagland, preguntándose se el cría que os alieníxenas eran fans de Barrio Sésamo.[33][34]

[editar | editar a fonte]

A parte das posibles especulacións ó redor da súa orixe artificial, Cydonia e a "Cara de Marte" aparecen frecuentemente en todo tipo de medios da "cultura popular", incluíndo filmes, vídeo xogos, música ou cómics. Pódense por moitos exemplos: aparece en filmes coma Mission to Mars (2000); na serie de TV The X-Files (no ano 1993), Invader Zim, Futurama (no ano 2002), Phineas and Ferb (no ano 2009); nos vídeo xogos Zak McKracken (1988), X-COM: UFO Defense (1993); nos cómics Martian Manhunter (#1, 1998); ou no eido da música Telemetry of a Fallen Angel dos The Crüxshadows (1995), "Knights of Cydonia" dos Muse (2006), "Hunting and Gathering (Cydonia)" de Sunn O))) (2009). A cara tamén apareceu no programa de TV Unsolved Mysteries.

  1. 1,0 1,1 "Albedo Feature: Planetary Names: Albedo Feature: Cydonia on Mars". Consultado o 27-02-2012. 
  2. Carlotto, M.J. (1988). "Digital Imagery Analysis of Unusual Martian Surface Features" (PDF). Applied Optics 27 (10): 1926–1933. Bibcode:1988ApOpt..27.1926C. PMID 20531684. doi:10.1364/AO.27.001926. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de xullo de 2007. Consultado o 27 de febreiro de 2012. 
  3. Whitehouse, D. (25-05-2001). BBC, ed. "Nasa: No face - honest". Consultado o 09-11-2007. 
  4. Britt, R.R. (22-09-2006). "Face on Mars gets makeover". CNN. Consultado o 09-11-2007. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "G. Neukum - Cydonia - the face on Mars (21 September 2006) - ESA/DLR/FU Berlin". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2011. Consultado o 27 de febreiro de 2012. 
  6. United States Geological Survey Astrogeology Program, Gazeteer of Planetary Nomenclature, "Mars Nomenclature" Arquivado 13 de novembro de 2007 en Wayback Machine..
  7. United States Geological Survey Astrogeology Program, Gazetteer of Planetary Nomenclature, "Descriptor Terms (Feature Types)".
  8. MacDonald, T.L. (1971). "The origins of Martian nomenclature". Icarus 15: 233–240. Bibcode:1971Icar...15..233M. doi:10.1016/0019-1035(71)90077-7. 
  9. Head, J.W.; Kreslavsky, M.; Hiesinger, H.; Ivanov, M.; Pratt, S.; Seibert, N.; Smith, D.E.; Zuber, M.T.; (1998). "Oceans in the past history of Mars: Tests for their presence using Mars Orbiter Laser Altimeter (MOLA) data". Geophysical Research Letters 25: 4401–4404. Bibcode:1998GeoRL..25.4401H. doi:10.1029/1998GL900116. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2012. Consultado o 27 de febreiro de 2012. 
  10. Malin, M.C.; Edgett, K.S.; (1999). "Oceans or seas in the Martian northern lowlands: High resolution imaging tests of proposed coastlines". Geophysical Research Letters 26: 3049–3052. Bibcode:1999GeoRL..26.3049M. doi:10.1029/1999GL002342. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2012. Consultado o 27 de febreiro de 2012. 
  11. NASA, ed. (02-04-1998). "PIA01141: Geologic 'Face on Mars' Formation". Consultado o 12-02-2011. 
  12. 12,0 12,1 12,2 Britt, R.R. (18-03-2004). CNN, ed. "Scientist attacks alien claims on Mars". Consultado o 12-10-2007. 
  13. 13,0 13,1 Smukler, H. (1977). "Dramatic Photos of Mars: the Home of the Gods". Ancient Astronauts (xaneiro): 26. 
  14. Rayl, A.J.S. (16-03-2007). Planetary Society, ed. "The Empire Strikes Back: Europe's First Trip to Mars Brings Home "The Gold"". Arquivado dende o orixinal o 22-03-2007. Consultado o 05-06-2008. 
  15. Viking News Center (31-07-1976). NASA, ed. "Caption of JPL Viking Press Release P-17384 (35A72)". Consultado o 01-05-2008. 
  16. Hoagland, Richard (1996). Frog Books, ed. The Monuments of Mars — A City on the Edge of Forever (4ª ed.). p. 5. ISBN 1883319307. 
  17. Paranormal News, ed. (25-08-1999). "Pixel Inversion - NASA's Misinformation on the Mars Face". Arquivado dende o orixinal o 12-06-2008. Consultado o 29-05-2008. 
  18. Gardner, M. (1985). "The Great Stone Face and Other Nonmysteries" (PDF). Skeptical Inquirer 10: 14–18. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de abril de 2005. Consultado o 27 de febreiro de 2012. 
  19. Mission to Mars: Viking Orbiter Images of Mars website Arquivado 16 de abril de 2009 en Wayback Machine., NASA Jet Propulsion Laboratory; raw data in IMQ (ImageQ) format can be downloaded from these links: 35A72 Arquivado 24 de xullo de 2011 en Wayback Machine., 70A13 Arquivado 24 de xullo de 2011 en Wayback Machine., 561A25 Arquivado 24 de xullo de 2011 en Wayback Machine., 673B56 Arquivado 24 de xullo de 2011 en Wayback Machine., 673B54 Arquivado 11 de maio de 2009 en Wayback Machine., 753A33 Arquivado 24 de xullo de 2011 en Wayback Machine., 753A34 Arquivado 11 de maio de 2009 en Wayback Machine.. Consultado o 20-09-2007.
  20. 20,0 20,1 ESA website, ed. (23-10-2006). "Cydonia's 'Face on Mars' in 3D animation using Mars Global Surveyor imagery". Arquivado dende o orixinal o 25-10-2012. Consultado o 26-04-2007. 
  21. HiRISE website (ed.). "Popular Landform in Cydonia Region". Arquivado dende o orixinal o 04-06-2016. Consultado o 26-04-2007. 
  22. ESA website, ed. (21-08-2006). "Cydonia - the face on Mars, 3D rendering of Mars Express imagery". Consultado o 26-04-2007. 
  23. NASA website (ed.). "The Face on Mars, Viking Project". Arquivado dende o orixinal o 19-07-2013. Consultado o 26-04-2007. 
  24. Dunning, =B. (22-04-2008). "The Face on Mars Revealed". Skeptoid #97. Consultado o 26-08-2008. 
  25. Google Maps (ed.). "Badlands Guardian Geological Feature". Consultado o 26-04-2007. 
  26. Malin Space Science Systems, ed. (05-04-2000). "Cydonia: Two Years Later". Consultado o 01-03-2012. 
  27. Fitzpatrick-Matthews, K. (17-08-2007). "The‘D&M Pyramid’". Bad Archaeology. Consultado o 01-03-2012. 
  28. Richard Grossinger (1986). North Atlantic Books, ed. Planetary Mysteries: Megaliths, Glaciers, the Face on Mars and Aboriginal Dreamtime. Berkeley, California, USA. p. 11. ISBN 0938190903. Consultado o 12-08-2008. 
  29. Sagan, Carl (1996). Random House, ed. The Demon-Haunted World: Science As a Candle in the Dark. ISBN 0-394-53512-X. 
  30. McDaniel, Stanley (1998). Adventure Unlimited Press, ed. The Case for the Face: Scientists Examine The Evidence for Alien Artifacts on Mars. ISBN 0-932813-59-3. 
  31. Gary Posner, "The Face Behind the "Face" on Mars: A Skeptical Look at Richard C. Hoagland", Skeptical Eye, Nov/Dec 2000
  32. "More "Faces" on Mars"
  33. Fred Golden, "Skeptical Eye", Discover, April 1985
  34. Martin Gardner, "The Great Stone Face and Other Nonmysteries", Skeptical Inquirer, Winter 1985

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Astronomy mythbusters (Myth #8: Martians carved the "face" on Mars) por Richard Talcott, vol. 38, nº 11, pax. 56-57, setembro do 2010, Astronomy Magazine

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]