Curuxa moura
Curuxa moura | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Adulto. | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Asio pratensis' (Smith, 1834) |
A curuxa moura (Asio capensis) é unha ave de rapina nocturna da familia dos estríxidos (Strigidae). É nativa de África e Madagascar.
Características[editar | editar a fonte]
A curuxa moura mide uns 35–37 cm de longo con 82–99 cm de envergadura. É semellante á curuxa das xunqueiras pero de menor talle. Distínguese do seu parente pola súa plumaxe marrón escuro e sen raias no dorso. Ten unha envergadura considerábel para o seu tamaño e adoita pousarse no chan ou en postes baixos.
Hábitos[editar | editar a fonte]
Aniña no chan en áreas pantanosas abertas, e pon de 2 a 4 ovos entre matogueiras. Caza en campo aberto e a miúdo durante o día. Aliméntase principalmente de insectos, pero tamén pode cazar pequenos roedores e paxaros.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Curuxa moura |