Bufo mouro
Aparencia
| Bufo mouro | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Adulto. | |||||||||||||||
| Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||
| 'Asio pratensis' (Smith, 1834) | |||||||||||||||
O bufo mouro[1] (Asio capensis) é unha ave de rapina nocturna da familia dos estríxidos (Strigidae). É nativa de África e Madagascar.
Características
[editar | editar a fonte]O bufo moura mide uns 35–37 cm de longo con 82–99 cm de envergadura. É semellante ao bufo das xunqueiras pero de menor talle. Distínguese do seu parente pola súa plumaxe marrón escuro e sen raias no dorso. Ten unha envergadura considerábel para o seu tamaño e adoita pousarse no chan ou en postes baixos.
Hábitos
[editar | editar a fonte]Aniña no chan en áreas pantanosas abertas, e pon de 2 a 4 ovos entre matogueiras. Caza en campo aberto e a miúdo durante o día. Aliméntase principalmente de insectos, pero tamén pode cazar pequenos roedores e paxaros.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
A. Smith, Illustrations of the zoology of South Africa, 1838.
-
Asio capensis tingitanus
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bufo mouro |