Saltar ao contido

Bufo das xunqueiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bufo das xunqueiras
Asio flammeus
Erik Pontoppidan 1763 Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
 Nome curto
A. flammeus Editar o valor en Wikidata
 Sinonimia
Asio accipitrinus
Conservación
 Identificador UICN
Distribución
 Hábitat
Clasificación taxonómica
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeStrigiformes
FamiliaStrigidae
SubfamiliaAsioninae[1]
XéneroAsio
EspecieA. flammeus
Identificadores
Freebase/m/01v_3l Editar o valor en Wikidata
ITIS177935 Editar o valor en Wikidata
OTT509846 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O bufo das xunqueiras[2] (Asio flammeus) é unha ave rapaz da familia das estrixiformes (Strigidae).

A bufo das xunqueiras e aproximadamente do tamaño do bufo pequeno: a lonxitude do seu corpo é de 35 a 40 cm. A característica que os diferenza máis claramente é o tamaño dos penachos de plumas situados na cabeza, as cales recordan unhas orellas. No caso da bufo das xunqueiras, estas plumas son moita máis curtas que as do bufo pequeno, e non son visibles máis que cando a ave está excitada. Coma no caso dos outros bufos, estas plumas non teñen ningunha función relacionada co oído, senón funcións fanéricas. Os ollos da bufo das xunqueiras son amarelos co iris. A plumaxe desta especie é castaña escura manchada na parte superior, a parte inferior é de fondo máis pálido e con faixas escuras. As femias son en xeral de cores máis escuras cós machos. A envergadura das ás da bufo das xunqueiras é duns 105 cm. Os machos pesan uns 350 gramos, as femias uns 450.

Distribución xeográfica

[editar | editar a fonte]

É unha ave de zonas húmidas. O seu hábitat espállase en Europa dende Rusia e Escandinavia á Gran Bretaña e Islandia e ata a zona mediterránea. En Europa central é rara, aínda que aparece con certa frecuencia nos Países Baixos. Vive tamén en case toda a parte asiática de Rusia. En América aparece no Canadá, no norte dos Estados Unidos, na zona dos Andes e na parte sur de Suramérica, nas illas dos Galápagos. Vive tamén en Hawai. A bufo das xunqueiras é un migrador parcial. Os exemplares que viven máis ó norte móvense cara ó sur en inverno.

Etoloxía

[editar | editar a fonte]

Reprodución

[editar | editar a fonte]
Asio flammeus flammeus.

A bufo das xunqueiras fai o niño no cha en zonas abertas (prados, tundra, sabana) agachados entre a herba, ás veces, delimitados por unha pequena cantidade de herbas ou plumas. Habitualmente poñen entre 4 e 8 ovos, pero en anos de comida abundante as niñadas poden chegar os doce polos. Fan unha posta ó ano é os ovos son incubados de 21 a 37 días, case exclusivamente pola femia. Coma algunhas outras aves, utiliza a técnica de facerse pasar por ferida para afastar do niño ós predadores.

Maduran sexualmente cando teñen un ano. A estación reprodutora no hemisferio norte vai de marzo a xuño, sendo abril o mes de máis actividade. Durante esta época poden formar bandos. Os machos fan exhibicións de voo para atraer ás femias. Son, en xeral, monógamas.

Alimentación e presas

[editar | editar a fonte]

Cazan en xeral pola noite, pero están tamén activas polo día e entre lusco e fusco. Decotío voan a poucos centímetros do chan en campo aberto ata que atopan unha presa, sobre a que se lanzan coas poutas por diante. Comen roedores pequenos, basicamente ratos, e algúns insectos grandes e, en ocasións, paxaros pequenos. O seu voo recorda o das bolboretas nocturnas pola maneira irregular de bate-las ás.

Reclamos sonoros

[editar | editar a fonte]

Silenciosos na época invernal, durante outras épocas emiten diferentes sons que, na época reprodutora, son máis perceptibles.

  1. "Asio flammeus". ITIS Report. Integrated Taxonomic Information System. Consultado o 16 de febreiro de 2009. 
  2. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]