Curtis Mayfield
Curtis Mayfield | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Curtis Lee Mayfield |
Data nacemento | 3 de xuño de 1942 |
Nado en | Chicago |
Falecemento | 26 de decembro de 1999 (57 anos) |
Roswell | |
Causa | Diabetes mellitus |
Ocupación | guitarrista, cantante, cantautor, pianista, músico, compositor de cancións, compositor, produtor musical e saxofonista |
Instrumento(s) | voz, guitarra, baixo, piano, saxofón, batería |
Tempo en activo | 1956 - 1999 |
Na rede | |
http://www.CurtisMayfield.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Curtis Lee Mayfield (3 de xuño de 1942 – 26 de decembro de 1999) foi un compositor, cantante e produtor de soul, R&B e funk estadounidense. É coñecido polos seus himnos con The Impressions durante o Movemento polos Dereitos Civís dos anos 60, e por compoñer a banda sonora do filme blaxploitation Super Fly. Mayfield está considerado un dos pioneiros do funk e da conciencia política na música afroamericana. Tamén foi un multi-instrumentista que tocou a guitarra, baixo, piano, saxofón e batería. Mayfield gañou os premios Grammy Legend Award (en 1994) e Grammy Lifetime Achievement Award (en 1995), e foi introducido dúas veces no The Rock and Roll Hall of Fame, unha como membro de The Impressions en 1991 e outra como artista en solitario en 1999. Tamén entrou dúas veces no Grammy Hall of Fame.