Pendente (arquitectura)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Cuncha (arquitectura)")
Cúpula con pendentes

Unha pendente[1] ou cuncha[2], en arquitectura, é cada un dos elementos construtivos triangulares que resolve o encontro entre a base circular dunha cúpula e un espazo inferior cadrado. Ten unha superficie esférica triangular limitada por tres arcos de circunferencia.

Este recurso arquitectónico comezou a utilizarse en Bizancio no século VII. Un dos edificios máis destacados que utiliza este tipo de soporte para a súa cúpula é a igrexa de Santa Sofía en Constantinopla.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome galego proposto polo Servizo de Normalización Lingüística da USC. Tamén aparece en Léxico de arqueoloxía Santiago de Compostela, Universidade, 1996; Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009; Vocabulario ortográfico da lingua galega A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004; e é o nome coincidente en portugués.
  2. Nome galego proposto no Dicionario visual da construción, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004