Cultura chimú

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCultura chimú
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Mapa
 8°06′32″S 79°04′30″O / -8.1089, -79.075Coordenadas: 8°06′32″S 79°04′30″O / -8.1089, -79.075
CapitalChan Chan Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación1100 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Disolución1470 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata

A cultura Chimú, tamén Reino de Chimor ou Imperio Chimú, foi unha cultura que xurdiu no actual Perú ao redor do ano 900, sucedendo á cultura moche, e posteriormente foi conquistada polo emperador inca Topa Inca Yupanqui ao redor de 1470, cincuenta anos antes da chegada dos españois á rexión.[1] Chimú foi o reino máis grande do Período Intermedio Tardío, abarcando 1.000 km de costa.

Segundo as historias orais, Chimú comezou coa chegada de Taycanamo ao val de Moche dende o mar nunha balsa. Desde alí os seus descendentes conquistarían os arredores comezando polo seu fillo Guacriur. Guacricur integrou o reinado Chimú sobre o val inferior e Ñancempinco, o neto de Taycanamo ampliaría o reino conquistando o val superior.[2]

Os primeiros vales pareceron unirse de boa gana, pero o territorio influenciado pola cultura sicán foi adquirido mediante a conquista. Tamén foron significativamente influenciados polas culturas pre-incas cajamarca e wari. Segundo a lenda, a súa capital Chan Chan foi fundada por Taycanamo, que chegou á zona por mar. Chimú foi o último reino que tivo algunha posibilidade de deter o Imperio Inca. Pero a conquista inca comezou na década de 1470 por Topa Inca Yupanqui, derrotando ao emperador e descendente de Taycanamo, Minchançaman, e estivo case completa cando Huayna Capac asumiu o trono en 1493.

Os Chimú residían nunha franxa de deserto da costa norte do actual Perú. Os ríos da comarca labraban unha serie de veigas, moi chairas e ben adaptadas ao rego. A agricultura e a pesca foron ambas moi importantes para a economía chimú.[3]

Adorando a lúa, os chimús, a diferenza dos incas, considerábana máis poderosa que o sol. As ofrendas xogaron un papel importante nos ritos relixiosos. Un obxecto común para as ofrendas, así como un utilizado polos artesáns, era a cuncha do marisco Spondylus, que só reside nas augas cálidas costeiras fronte ao actual Ecuador. Asociadas ao mar, ás precipitacións e á fertilidade, as cunchas de Spondylus eran moi apreciadas e comercializadas polo pobo chimú, e o intercambio das cunchas tivo un importante papel económico e político no imperio.[4]

O pobo Chimú é máis coñecido pola súa distintiva cerámica monocromática e o traballo fino de metal de cobre, ouro, prata, bronce e tumbaga. A cerámica adoita ter formas de criatura ou de figura humana sentada ou de pé sobre unha botella cuboide. O acabado negro brillante da maioría da cerámica chimú conseguiase cocendo a cerámica a altas temperaturas nun forno pechado, o que impedía que o osíxeno reaccionase coa arxila.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kubler, George (1984). The Art and Architecture of Ancient America. Yale University Press. ISBN 978-0300053258. 
  2. Silverman, Helaine (1991). "Naymlap and Company: The Northern Dynasties.". Science 252. ISSN 0036-8075. PMID 17843261. doi:10.1126/science.252.5008.1011. 
  3. Howland Rowe, John (1948). The Kingdom of Chimor. Inter-American Society of Anthropology and Geography. 
  4. Ember, Melvin; Peter Neal, Peregrine (2001). Chimú. Springer. ISBN 978-0306462610.