Cuadrantectomía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A cuadrantectomía, en cirurxía oncolóxica, é o termo médico para denominar a extirpación dun cuarto da mama.

A cuadrantectomía recoméndase nos casos nos que o tumor é de pequeno tamaño, o que ocorre dun 10 a un 20% dos casos. O tecido extirpado é o cativo abondo como para que non se aprecie unha diferenza significativa entre unha mama operada e a que non foi sometida a cirurxía.

Segundo demostrou o creador deste tipo de cirurxía, Umberto Veronesi, os índices de supervivencia entre as mulleres que foron intervidas con esta cirurxía que permite conservar a mama e as que foron sometidas a cirurxía máis agresiva ou á extirpación da totalidade da mama son semellantes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]