Cruceiro do Adro de Taragoña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°40′25″N 8°49′42″O / 42.673611111111, -8.8283333333333

Cruceiro do Adro de Taragoña
Presentación
LocalizaciónRianxo
DirecciónAdro da igrexa de San Salvador de Taragoña
TipoCruceiro

O cruceiro do Adro de Taragoña é un monumento relixioso situado a carón da igrexa de San Salvador de Taragoña (Rianxo).[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

O cruceiro, situado no adro, posúe un altar. Ten plataforma dun grao e pedestal moi moldurado e con grande escocia. O fuste é de sección octogonal, cadrada nos extremos. O capitel, de formigón moi decorado, ten volutas, follas de acanto, querubíns e orlas vexetais. A cruz, tamén de formigón, ó igual cás imaxes, de sección cuadrangular ruda. O Cristo ten as mans abertas e coroa de espiños. A Virxe María está orando cos dedos entrelazados sobre nubes.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]