Cruceiro do Campo de Outeiro
Aparencia
(Redirección desde «Cruceiro de Sanguñedo»)
Coordenadas: 42°05′30″N 7°54′39″O / 42.091666666667, -7.9108333333333
Cruceiro de Sanguñedo | |
---|---|
Cruceiro de Sanguñedo | |
Presentación | |
Localización | Verea |
Dirección | Sanguñedo |
Tipo | Cruceiro |
Construción | |
Data da construción | 1766 |
O Cruceiro do Campo de Outeiro é unha construción relixiosa situada na parroquia de San Salvador de Sanguñedo (Verea).
Situación[editar | editar a fonte]
O cruceiro está situado no Campo de Outeiro, no adro da igrexa de San Salvador de Sanguñedo a medio camiño entre o lugar de Outeiro e Sanguñedo, da parroquia de homónima.
Descrición[editar | editar a fonte]
Segundo indica o fuste actual, o símbolo data do ano 1766.[1] O pedestal consta de tres chanzos, sobre el atópase un varal, primeiro cuadrangular e logo octogonal, que engarza cun capitel dórico e remata nunha cruz florenzada ocupada, no anverso, por un Cristo de expresividade dramática con pano de pureza e, no reverso, por unha Virxe orante sobre anxo.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Cruceiros en Verea". cruceirosdegalicia.xyz. Consultado o 2021-02-02.
- ↑ Méndez Míguez, Carlos (2020). Toponimia de Verea. Noia (A Coruña). ISBN 978-84-1217-313-0. OCLC 1254476944.