Saltar ao contido

Igrexa de San Salvador de Sanguñedo

Igrexa de San Salvador de Sanguñedo
Sanguñedo Editar o valor en Wikidata
Imaxe do interior
Imaxe
 Instancia de
 Edificio adxacente
Características
 Dedicado a
Implicados
 Dedicado a
Localización
 Situado en
 Diocese
 Coordenadas
Wikidata C:Commons

A igrexa de San Salvador de Sanguñedo é unha construción relixiosa construída a principios do século XVIII para constituír a parroquia de Sanguñedo, no concello de Verea. A igrexa está situada no Campo de Outeiro.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Este templo é un arquetipo da construción relixiosa galega rural do seu século. A fachada ten unha porta de lintel sinxela e remata cunha cornixa curva.[1] Nos extremos da cornixa érguense dous pináculos agudos rematados en esfera. O campanario está conformado por dous arcos romanos, nos cales se atopan dúas campás, unha por arco. Por riba deste corpo hai outros dous pináculos, similares aos situados na cornixa, e máis unha estrutura triangular sobre a cal está un pararraios ornamental con forma de cruz grega. A igrexa conta con tres altares; o altar maior ten un retablo construído en 1713 polo escultor Gregorio Álvarez, veciño de Quintela de Leirado, e dourado por Agustín Vázquez; nel atópanse as imaxes da Inmaculada, San Francisco, Santo Antón e San Xosé. Os altares colaterais do Evanxeo da Nosa Señora do Carme e da Epístola da Nosa Señora das Dores, albergan as tallas da Virxe do Carme, Santa Tereixa, Santo Antón e San Bieito. En ourivería, destaca unha cruz do século XVIII, de Armesto e a custodía, do mesmo século, de Lizarra. [2]

A entrada principal da igrexa, así como do camposanto da cara ao campo do cura, á dereita desta entrada está plantado un ciprés. Pódese acceder ao recinto dende o Campo de Outeiro, onde está situado o Cruceiro do Campo de Outeiro.

A igrexa de San Salvador foi construída a principios do século XVIII, conta con algúns elementos complementados no século XIX.[2] Segundo a inscrición do canteiro que se atopa na fachada posterior, a obra foi rematada no ano 1707. Entre os anos 1832 e 1833 a igrexa foi pintada, traballaron os frisos, achantaron e embaldosaron o chan, arranxaron a capela maior e substituíron a mesa do altar maior; tamén se fixo o cemiterio, limpando e chantando o adro e construíuse a casa da Igrés. No ano 1840 colocouse unha campá grande nova que pesa 12 arrobas e 4 libras castelás, substituíndo á anterior, de 9 arrobas menos 6 libras, que rompera. [2]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ "Iglesia de San Salvador de Sanguñedo – Terra de Celanova — Serra do Xurés" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2021. Consultado o 2021-01-29.
  2. 1 2 3 Méndez Míguez, Carlos (2020). Toponimia de Verea. Noia (A Coruña). ISBN 978-84-1217-313-0. OCLC 1254476944.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]