Cronia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Cronia (en grego antigo Κρόνια) era unha festividade da mitoloxía grega, celebrada en Atenas e Tebas durante a época da colleita en honra ao titán Cronos, cuxo culto se dicía que fora introducido na Ática por Cécrope. O festival celebrábase o duodécimo día do mes de Hecatombeon, que, nunha época moi antiga da historia da Ática, levaba o nome de μην Κρονιων (‘mes de Cronos’).

Na illa de Rodas tamén se celebraba unha festa en honra de Cronos —quizais o fenicio Moloch— a quen se ofrecían sacrificios humanos, normalmente de criminais. Esta festa celebrábase o dezaseis de Metageitnion.

Cando os escritores gregos aludía ás Saturnalias romanas, dábanlles o nome de Κρόνια, que nos tempos antigos parecen haberse parecido realmente a aquelas na súa excesiva alegría.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]