Crithidia luciliae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Crithidia luciliae[1]

Padrón de marcaxe inmunofluorescente de anticorpos anti-dsDNA utilizando como substrato C. luciliae en contacto con soro dun paciente. O cinetoplasto, localizado preto do flaxelo, está tinguido, o que indica a presenza de anticorpos anti-dsDNA nunha persoa con lupus eritematoso sistémico.
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
(sen clasif.) Excavata
Filo: Euglenozoa
Orde: Kinetoplastida
Familia: Trypanosomatidae
Xénero: Crithidia
Especie: C. luciliae
Nome binomial
Crithidia luciliae

Crithidia luciliae é un flaxelado parasito que utiliza a mosca Musca domestica como hóspede.[2] Como forma parte da familia Trypanosomatidae, caracterízase pola presenza dun cinetoplasto, unha complexa rede de moléculas circulares de ADN bicatenario (dsDNA) entrelazadas dentro da mitocondria. A posesión do cinetoplasto fai que este organismo sexa importante na diagnose do lupus eritematoso sistémico. Ao usar C. luciliae como substrato para a inmunofluorescencia, este orgánulo serve para detectar anticorpos anti-dsDNA, unha característica común desa enfermidade.[3][4]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

C. luciliae é un protozoo unicelular eucariota. A familia Trypanosomatidae pertence á orde Kinetoplastida e caracterízase pola presenza de cinetoplastos, unha rede de moléculas de ADN circulares entrelazadas nunha gran mitocondria. Todos os organismos dentro de Kinetoplastida son parasitos, e o organismo hóspede para C. luciliae é Musca domestica.[5][6][7]

Papel na diagnose do lupus eritematoso sistémico[editar | editar a fonte]

Os cinetoplastos que ten C. luciliae permiten usalo para a detección de anticorpos anti-dsDNA, un tipo de anticorpos antinucleares ao poñela en contacto con soro dun paciente. Os anticorpos antinucleares son unha característica común no lupus eritematoso sistémico, e os anticorpos anti-dsDNA son moi específicos da enfermidade. Unha alta concentración de dsDNA e a ausencia de antíxenos nucleares humanos no cinetoplasto supoñen un substrato específico para a detección de anticorpos anti-dsDNA.[4][8]

Captación de nucleótidos púricos e nucleobases[editar | editar a fonte]

Como é un protozoo parasito, C. luciliae carece da capacidade de producir biosinteticamente bases púricas e, por tanto, necesita obtelas do ambiente que o rodea. Utiliza tres sistemas de transporte para a captación de bases nitroxenadas do organismo hóspede: un para a captación de adenosina e os seus análogos; outro para a guanosina, os seus análogos e inosina; e o terceiro para a hipoxantina, adenina e adenosina.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Encyclopedia of Life". Consultado o 27 de agosto de 2012. 
  2. JENKINS DW (1964). "Pathogens, Parasites and Predators of Medically Important Arthropods. Annotated List and Bibliography". Bull. World Health Organ. 30 (Suppl): SUPPL:1–150. PMC 2554709. PMID 14245244. 
  3. Donelson JE, Gardner MJ, El-Sayed NM (marzo de 1999). "More surprises from Kinetoplastida". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 96 (6): 2579–81. Bibcode:1999PNAS...96.2579D. PMC 33532. PMID 10077550. doi:10.1073/pnas.96.6.2579. 
  4. 4,0 4,1 Kavanaugh A, Tomar R, Reveille J, Solomon DH, Homburger HA (xaneiro de 2000). "Guidelines for clinical use of the antinuclear antibody test and tests for specific autoantibodies to nuclear antigens. American College of Pathologists". Arch. Pathol. Lab. Med. 124 (1): 71–81. PMID 10629135. doi:10.5858/2000-124-0071-GFCUOT. 
  5. Gómez, E; Valdés, AM; Piñero, D; Hernández, R (marzo de 1991). "What is a genus in the Trypanosomatidae family? Phylogenetic analysis of two small rRNA sequences.". Molecular Biology and Evolution 8 (2): 254–9. PMID 2046544. doi:10.1093/oxfordjournals.molbev.a040643. 
  6. Opperdoes, Fred R. (1994). "The trypanosomatidae: Amazing organisms". Journal of Bioenergetics and Biomembranes 26 (2): 145–146. PMID 8056780. doi:10.1007/BF00763062. 
  7. Shapiro, TA; Englund, PT (1995). "The structure and replication of kinetoplast DNA.". Annual Review of Microbiology 49: 117–43. PMID 8561456. doi:10.1146/annurev.mi.49.100195.001001. 
  8. Slater NG, Cameron JS, Lessof MH (setembro de 1976). "The Crithidia luciliae kinetoplast immunofluorescence test in systemic lupus erythematosus". Clin. Exp. Immunol. 25 (3): 480–6. PMC 1541410. PMID 786521. 
  9. Hall, ST; Penny, JI; Gero, AM; Krishna, S (outubro de 1998). "Crithidia luciliae: functional expression of nucleoside and nucleobase transporters in Xenopus laevis oocytes.". Experimental Parasitology 90 (2): 181–8. PMID 9769248. doi:10.1006/expr.1998.4320.