Creta (xeoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Creta (rocha)»)

 

Creta (xeoloxía)
Fórmula químicaCaCO3
Corbranca

A xiz, xiz de Creta, pedra calcaria de Creta ou só creta[1][2] é unha rocha sedimentaria branca, porosa e branda de orixe orgánica, unha forma de pedra calcaria usada para a cal. A súa formación débese á acumulación de enormes cantidades de restos de cocolitóforos, algas microscópicas cubertas por diminutas placas de calcita (cocolitos). É frecuente atopar nódulos de sílex asociados ao xiz.

Un exemplo de rochas feitas de giz son os cantís de Dover, no sur de Inglaterra.

O sistema e período Cretáceo toma o seu nome desta rocha.[3]

Descrición[editar | editar a fonte]

Pozo de giz aberto, Seale, Surrey, Reino Unido
Pozo de xiz aberto, Seale, Surrey, Reino Unido

Está composto principalmente por pequenos fragmentos de calcita de cunchas ou esqueletos de plancto, como os foraminíferos ou cocolitóforos.[4] Estes toman principalmente a forma de placas de calcita que van desde 0,5 a 4 micras (micrómetros) de tamaño, aínda que preto de 10% a 25% dunha creta típica está composto por fragmentos que son de 10 a 100 micras de tamaño. Os fragmentos máis grandes inclúen esqueletos de plancto intactos e fragmentos esqueléticos de organismos máis grandes, como moluscos, equinodermos ou briozoos.[5][6]

A creta ou xiz é normalmente calcita case pura, CaCO
3
, con só entre un 2% e un 4% doutros minerais. Normalmente son cuarzo e minerais de arxila, aínda que ás veces tamén está presente colofano (apatita criptocristalina, un mineral fosfato, como nódulos ou pequenos gránulos interpretados como gránulos fecais).

O giz é moi poroso, con valores típicos de porosidade que oscilan entre o 35 e o 47 %.

É identificable pola súa dureza, o contido en fósil e a súa reacción ao ácido (produce efervescencia ao contacto).[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dicionario RAG; creta". Real Academia Galega. Consultado o 2022-07-15. 
  2. "bUSCatermos; creta". aplicacions.usc.es. Consultado o 2022-07-15. 
  3. "creta - vctrac". vctrac.es. Consultado o 2022-07-15. 
  4. American Geological Institute, ed. (1997). "Chalk". Glosario de xeoloxía (Cuarto ed.). Alexandria, Viriginia. ISBN 0922152349. 
  5. "Chalk". Craven & Pendle Geological Society. Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2009. 
  6. 6,0 6,1 "Chalk: A biological limestone formed from shell debris". geology.com. Consultado o 2022-07-15. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]