Saltar ao contido

Cróquet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cróquet
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
Implicados
 Practicado por
Localización
 País de orixe
Identificadores
Freebase/m/01yf2 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

O cróquet[1] é un deporte que consiste en golpear bólas de madeira ou plásticas cun mazo a través dos aros encaixados na herba do campo no que se xoga.

O xogo foi inventado ao parecer en Irlanda cara a 1830 e levado a Inglaterra como pasatempo da aristocracia cara a 1850. Puido evolucionar dun antigo xogo denominado pall mall. O cróquet xógase nos Estados Unidos, Australia e Francia e aínda que non é popular si mantén seguidores fieis. Disputouse nos Xogos Olímpicos de 1900 e unha variedade desenvolvida nos Estados Unidos, o roque, disputouse nos Xogos Olímpicos de 1904. Outras variantes do cróquet son o eXtreme Croquet e o Biclycle Croquet.

Xogadores de cróquet, Winslow Homer (1864).
  1. "cróquet". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 621.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]