Kritik der praktischen Vernunft

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Crítica da razón práctica")

Kritik der praktischen Vernunft, en galego Crítica da razón práctica, é a segunda das tres críticas de Immanuel Kant, publicada por primeira vez en 1788. Trata sobre a súa filosofía da moral, e continúa na liña da Crítica da razón pura. A gran maioría dos argumentos deste libro están expresados máis extensamente nos seus Principios fundamentais do coñecemento metafísico. A segunda Crítica exerceu unha enorme influencia no desenvolvemento posterior no ámbito da filosofía ética e moral, empezando coa Doutrina da Ciencia de Johann Gottlieb Fichte. Durante o século XX converteuse no principal punto de referencia para toda filosofía moral.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]