Coucieiro
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Coucieiro.
| Coucieiro | |
|---|---|
| Diocese: | Ourense |
| Arciprestado: | Allariz |
| Área: | - km² |
| Poboación: | 176 hab. (2014) |
| Densidade: | - hab./km² |
| Entidades de poboación: | 10 |
San Vicente de Coucieiro é unha parroquia eclesiástica galega do arciprestado de Allariz da diocese de Ourense, que ten as súas terras e os seus lugares repartidos entre dous concellos: o de Baños de Molgas e o de Paderne de Allariz. No ano 2014 tiña 176 habitantes (83 homes e 93 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 4 habitantes con respecto a 2007.
Os lugares de Baamonde, A Costa, Coucieiro, O Covelo, O Moredo, A Neta, Ousende, Penelas e A Pousada pertencen ao concello de Paderne de Allariz; e o da Lamela ao concello de Baños de Molgas.