Cosme López Rodríguez
Cosme López Rodríguez | |
---|---|
Nacemento | 16 de decembro de 1915 |
Lugar de nacemento | A Pobra do Brollón |
Falecemento | 27 de agosto de 1987 |
Lugar de falecemento | A Rúa |
Nacionalidade | España |
Ocupación | mestre e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Cosme López Rodríguez, nado o 16 de decembro de 1915 en Óutara (A Pobra do Brollón) e finado na Rúa o 27 de agosto de 1987, foi un mestre e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou na Escola Normal de Maxisterio de Ourense. Empezou como mestre substituto na escola da Aira Vella en novembro de 1936. Despois da guerra reincorporouse como docente en Celanova e Coles. En 1944 foi destinado á Escola Unitaria da Rúa onde permaneceu ata a inauguración da "Agrupación Escolar Manuel Respino" que impulsou e dirixiu ata a súa xubilación, o 1 de xaneiro de 1983.
Foi alcalde do concello da Rúa pola UCD nas primeiras eleccións democráticas, sendo reelexido en 1983 á fronte de Coalición Galega. Mantívose no cargo ata a súa dimisión en xaneiro de 1986.
En marzo de 1987 déronlle o seu nome ao IES da Rúa.
Predecesor: César Prada Rodríguez |
![]() Alcalde da Rúa 1979 - 1986 |
Sucesor: José Vicente Solarat López |