Saltar ao contido

Correio da Manhã

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

 

Correio da Manhã
Fundación1979
FundadorVítor Direito
EditorPaulo João Santos
Lingualingua portuguesa
LocalidadePortugal
PeriodicidadeDiário
ISSN0870-192X
Na rede
http://www.correiomanha.pt/
editar datos en Wikidata ]

Correio da Manhã é un xornal diario portugués publicado en Lisboa polo grupo Medialivre. Dirixido en 2024 por Carlos Rodrigues, é o xornal máis vendido en Portugal, con máis de 110.000 exemplares vendidos diariamente.[1] Fundado o 19 de marzo de 1979 por Vítor Direito, foi sinalado por empregar un ton sensacionalista similar aos dos tabloides ingleses.[2][3]

O xornal inclúe tres revistas que se distribúen xunto coas edicións de venres, sábado e domingo: Correio TV, Vidas e Correio de Domingo.

Historia[editar | editar a fonte]

O Correio da Manhã recuperou o nome dun xornal que foi destruído na Primeira República por publicar ideais monárquicos. O feito de ser publicado tamén os domingos, nunha época en que outros xornais non o facían, contribuíu ao seu éxito inicial. En 1981 comezou a publicar a revista de carácter xeral Correio de Domingo. En 1991, Agostinho Azevedo foi nomeado director, e en 2000, o holding Cofina comprou a Presselivre, propietaria do Correio da Manhã.[4] João Marcelino foi nomeado director en 2002, e Octávio Ribeiro ocupou o cargo até xuño de 2021.[5]

Desde o 1 de xuño de 2009, adoptou as novas normas ortográficas na sección Opinião.

En marzo de 2013, o xornal lanzou un canal xeralista en colaboración con Meo/Altice. José Carlos Castro é o director adxunto do Correio da Manhã TV (CMTV).

Liderado e controversias[editar | editar a fonte]

É o xornal que máis vende en Portugal, con máis do 40% da cota de mercado e unha media de 105.519 exemplares vendidos diariamente entre xaneiro e agosto de 2015. Con todo, segundo o Digital News Report 2019 do Instituto Reuters para o Estudo do Xornalismo, é o xornal que menos confianza inspira nos portugueses.[6]

Cristiano Ronaldo e o xornal[editar | editar a fonte]

Cristiano Ronaldo foi unha voz moi crítica co Correio da Manhã. Chegou a procesar ao grupo e a tirar o micrófono dun xornalista de CMTV a un lago durante a Eurocopa de 2016.[7][8]

En 2023, CR7 S.A. pasou a ter aproximadamente o 30% de Medialivre, incluíndo o xornal, nun negocio que rondou os 70 millóns de euros. Medialivre é a parte da antiga Cofina que foi separada de Altri, empresa formada polas participacións industriais de Cofina, coa que mantén accionariado.[9] A operación, de MBO (Management Buy Out), implicou a compra da empresa polos directivos, con Ronaldo como un dos investidores principais.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CM reforça liderança como jornal mais lido". www.cmjornal.pt (en portugués). Consultado o 2024-07-03. 
  2. Teixeira, Clara (2004-03-19). ""Correio da Manhã": o jornal que nasceu para responder às preocupações do "homem da rua"". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2024-07-03. 
  3. "Correio da Manhã". eurotopics.net (en inglés). Consultado o 2024-07-03. 
  4. "Presselivre eleita melhor empresa do ano nos média". www.jornaldenegocios.pt (en portugués). Consultado o 2024-07-03. 
  5. "30 anos de história do jornal". correiomanha.xl.pt. 
  6. "2019". Reuters Institute Digital News Report (en inglés). Consultado o 2024-07-03. 
  7. Daniel (2016-06-22). "Cristiano Ronaldo atira micro da CMTV para um lago EURO 2016- Cristiano Ronaldo throws the micro". Consultado o 2024-07-03. 
  8. 8,0 8,1 "A relação tumultuosa entre Cristiano Ronaldo e o Correio da Manhã". SIC Notícias (en portugués). 2023-06-30. Consultado o 2024-07-03. 
  9. "Los-dueños-de-Altri-entre-el-eucalipto-los-periodicos-y-los-negocios-con-Cristiano-Ronaldo.html". Economiadigital.es/Galicia. Consultado o 3 de xullo de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.