Cordero (barco)
Cordero (barco) | |
---|---|
Instancia de | arrastreiro ![]() |
Produción | |
País de rexistro | España ![]() |
Porto de rexistro | Ribeira ![]() |
Acontecementos | |
15 de xaneiro de 2008 ▶ naufraxio (5 mortos) ![]() | |
[ Wikidata ] |
O Cordero foi un buque arrastreiro galega que afundiu nas costas de cabo Prior o 15 de xaneiro de 2008.
Naufraxio
[editar | editar a fonte]O barco estaba rexistrado en Ribeira. Tiña 28 metros de eslora, casco de aceiro e un rexistro bruto de 104 toneladas. A súa tripulación era de oito mariñeiros.
Cando se produciu o accidente, o barco estaba situado a 30 millas ao norte da Coruña e a unhas seis ao noroeste de cabo Prior. O accidente sucedeu cando se estaban rexistrando moi malas condicións meteorolóxicas e produciuse ao abrirse unha vía de auga na sala de máquinas, probablemente como consecuencia do impacto dunha onda[1]. No informe do Ministerio de Fomento conclúese que non se puido establecer a causa:
La Comisión ha determinado como causa probable del accidente el efecto combinado de la disminución y pérdida de flotabilidad y estabilidad del buque por inundación progresiva del parque de pesca, cuyo origen no ha podido ser determinado.[2]
No accidente faleceu un mariñeiro de Ribeira e catro máis desapareceron: dous deles eran de Ribeira e os outros dous naceran en Indonesia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Una vía de agua en la sala de máquinas provocó el hundimiento del 'Cordero'". El País (en castelán). 19 de xaneiro de 2008.
- ↑ Comisión Permanente de Investigación de Siniestros Marítimos (2009). Informe sobre el hundimiento del pesquero “Cordero” frente a Cabo Ortegal el día 15 de enero de 2008 (PDF).