Tabulata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Coral tabulado»)
Tabulata
Rango fósil: desde hai 488 a 251,4 Ma (Ordovícico–[[Permiano

]])


Coral tabulado (un siringopórido); Calcarias de Boone (Carbonífero inferior) preto de Hiwasse, Arkansas. Barra e escala de 2,0 cm.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Cnidaria
Clase: Anthozoa
Subclase: Hexacorallia
Orde: Tabulata

Os Tabulata (tabulados) ou corais tabulados son unha orde de corais paleozoicos extintos. Eran case sempre coloniais, e formaban colonias de unidades ou celas hexagonais denominadas coralitas (o esqueleto de calcita de cada pólipo) similares en aparencia a un panal de abellas. As celas adxacentes están unidas por pequenos poros. A súa característica distintiva son as súas particións internas horizontais ben desenvolvidas (as tábulas) que hai dentro de cada cela, pero con particións verticais internas (septos) reducidas ou ausentes. Xeralmente son máis pequenos que os corais rugosos, pero varían considerablemente en forma, desde aplanados a cónicos ou esféricos.

Foron descritas unhas 300 especies. Entre os corais tabulados máis comúns no rexistro fósil están Aulopora, Favosites, Halysites, Heliolites, Pleurodictyum, Sarcinula e Syringopora. Os corais tabulados con esqueletos masivos doitan conter simbiontes endobióticos, como cornulítidos e Chaetosalpinx.[1][2]

Igual que os corais rugosos, viviron enteiramente no Paleozoico, desde o Ordovícico ao Permiano. Xunto cos estromatoporoideos e os corais rugosos, os corais tabulados son característicos de augas pouco fondas do Silúrico e do Devoniano. No Devoniano ascendeu o nivel do mar, e os corais tabulados fixéronse moito menos comúns. Extinguíronse finalmente no evento de extinción do Permiano-Triásico.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vinn, O.; Mõtus, M.-A. (2012). "Diverse early endobiotic coral symbiont assemblage from the Katian (Late Ordovician) of Baltica". Palaeogeography, Palaeoclimatology, Palaeoecology. 321–322: 137–141. doi:10.1016/j.palaeo.2012.01.028. Consultado o 2014-06-11. 
  2. Vinn, O.; Mõtus, M.-A. (2008). "The earliest endosymbiotic mineralized tubeworms from the Silurian of Podolia, Ukraine". Journal of Paleontology 82: 409–414. doi:10.1666/07-056.1. Consultado o 2014-06-11. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Invertebrate Fossils; Moore, Lalicker, & Fischer; McGraw-Hill 1952.
  • Treatise on Invertebrate Paleontology Part F, Coelenterata. Geological Society of America and Univ Kansas Press. R.C. Moore (ed).