Copa América 2011

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sedes da Copa América 2011

A Copa América 2011 é a edición número 43 da máxima competición suramericana de fútbol entre seleccións nacionais, organizada pola Conmebol, e disputada na Arxentina. O torneo comezou o 1 de xullo de 2011 e rematou o 24 de xullo coa vitoria final para a Selección de fútbol do Uruguai.

Sedes[editar | editar a fonte]

Cidade Estadio Capacidade
Buenos Aires Estadio Monumental Antonio Vespucio Liberti 57.921[1]
Córdoba Estadio Mario Alberto Kempes 57.000[2]
La Plata Estadio Ciudad de La Plata 53.000[3]
Santa Fe Estadio Brigadier General Estanislao López 47.000[4]
Mendoza Estadio Malvinas Argentinas 40.268[5]
San Juan Estadio San Juan del Bicentenario 25.000[6]
San Salvador de Jujuy Estadio 23 de Agosto 23.000[7]
Salta Estadio Padre Ernesto Martearena 20.408[8]

Participantes[editar | editar a fonte]

Os equipos participantes nesta edición 2011 da Copa América son as 10 seleccións nacionais que compoñen a Conmebol mais 2 seleccións que foron invitadas, a de México e a de Costa Rica.

Equipos participantes
Arxentina Arxentina Chile Chile Ecuador Ecuador Perú Perú
Bolivia Bolivia Colombia Colombia México México Uruguai Uruguai
Brasil Brasil Costa Rica Costa Rica Paraguai Paraguai Venezuela Venezuela

Inicialmente a Selección de fútbol do Xapón estaba invitada a participar no torneo, pero a federación xaponesa de fútbol tivo que rexeitar a invitación por mor do terremoto que afectou a unha parte do norte do país en marzo de 2011.

Primeira Fase[editar | editar a fonte]

Grupo A[editar | editar a fonte]

Grupo B[editar | editar a fonte]

Grupo C[editar | editar a fonte]

Segunda Fase[editar | editar a fonte]

Eliminatorias[editar | editar a fonte]

As eliminatorias comezaron cos cuartos de final, aos que se clasificaron os 2 primeiros equipos de cada grupo, e os 2 equipos que remataron no 3º posto conseguindo mais puntos, ou en caso de empate a puntos, aquel co mellor índice de goles.

Terceiros clasificados Pts X G E P GF GC Dif
Perú (Grupo C) 4 3 1 1 1 2 2 0
Paraguai (Grupo B) 3 3 0 3 0 5 5 0
Costa Rica (Grupo A) 3 3 1 0 2 2 4 -2
Final
Competición Copa América
Tempada 2011
Estadio Monumental de Núñez (Buenos Aires)
Capacidade 56.654 persoas
Data 24 de xullo de 2011
Resultado 3 · 0
Campión Uruguai Uruguai
Finalista Paraguai Paraguai



 
Cuartos de finalSemifinaisFinal
 
          
 
16 de xullo, Córdoba
 
 
Colombia Colombia 0
 
19 de xullo, La Plata
 
Perú Perú 2
 
Perú Perú 0
 
16 de xullo, Santa Fe
 
Uruguai Uruguai 2
 
Arxentina Arxentina 1 4
 
24 de xullo, Buenos Aires
 
Uruguai Uruguai 1 5
 
Uruguai Uruguai 3
 
17 de xullo, La Plata
 
Paraguai Paraguai 0
 
Brasil Brasil 0 0
 
20 de xullo, Mendoza
 
Paraguai Paraguai 0 2
 
Paraguai Paraguai 0 5
 
17 de xullo, San Juan
 
Venezuela Venezuela 0 3 Terceiro posto
 
Chile Chile 1
 
23 de xullo, La Plata
 
Venezuela Venezuela 2
 
Perú Perú 4
 
 
Venezuela Venezuela 1
 
O Estadio Monumental de Núñez acolleu a final do torneo.

Final[editar | editar a fonte]

A final da edición 2011 da Copa América tivo lugar no estadio Monumental de Núñez, en Buenos Aires, o 24 de xullo de 2011. Nela enfrontáronse a Selección do Uruguai e a Selección de Paraguai.

Para chegar a esta final, a Selección do Uruguai tivo que clasificarse no grupo C, cousa que fixo gañando 1 encontro fronte a México e empatando os outros 2 fronte a Perú e Chile. Nos cuartos de final eliminou á selección anfitrioa do campionato, Arxentina, e nas semifinais superou a Perú por 2 tantos a 0.

Pola súa banda, a Selección de Paraguai tivo como compañeiros no grupo B a Brasil, Ecuador e Venezuela, acadando como resultado 3 empates. Nos cuartos de final tivo que enfrontarse de novo a Brasil, co cal empatou novamente, aínda que acadou o pase a semifinais dende o punto de penalti. Nas semifinais repetiuse o enfrontamento con Venezuela, coa que Paraguai acadou o 5º empate seguido. O pase á final foi de novo acadado nos penaltis.

Na final o dominio do xogo pertenceu a Uruguai dende os primeiros minutos. No minuto 2 houbo un posible penalti a prol dos charruas por mans dun defensor guaraní dentro da área. No minuto 11 Uruguai abriu o marcador cun gol do dianteiro Luis Suárez. O segundo gol chegou no minuto 41, da man do tamén dianteiro Diego Forlán. Tralo descanso o encontro foi mais dividido, aínda que no minuto 89 Diego Forlán acadou o 3-0 a prol do Uruguai que pechou o marcador.

Uruguai acadou a súa 15ª Copa América, converténdose na selección mais laureada de Suramérica.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ca2011.com (ed.). "Antonio Vespucio Liberti - Buenos Aires". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2012. Consultado o 29 de junio de 2011. 
  2. ca2011.com (ed.). "Mario Alberto Kempes - Córdoba". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2012. Consultado o 29 de junio de 2011. 
  3. ca2011.com (ed.). "Ciudad de La Plata - La Plata". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2012. Consultado o 29 de junio de 2011. 
  4. ca2011.com (ed.). "Brigadier General Estanislao López - Santa Fe". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2012. Consultado o 29 de junio de 2011. 
  5. ca2011.com (ed.). "Malvinas Argentinas - Mendoza". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2012. Consultado o 29 de junio de 2011. 
  6. ca2011.com (ed.). "Estadio del Bicentenario - San Juan". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2012. Consultado o 29 de junio de 2011. 
  7. ca2011.com (ed.). "23 de Agosto - San Salvador de Jujuy". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2012. Consultado o 29 de junio de 2011. 
  8. ca2011.com (ed.). "Padre Ernesto Martearena - Salta". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2012. Consultado o 29 de junio de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]