Saltar ao contido

Clase de equivalencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conxunto cociente»)
A congruencia é un exemplo de relación de equivalencia. Os dous triángulos máis á esquerda son congruentes, mentres que os triángulos terceiro e cuarto non son congruentes con ningún outro triángulo mostrado no debuxo. Así, os dous primeiros triángulos están na mesma clase de equivalencia, mentres que o terceiro e o cuarto triángulos están en cadansúa clase de equivalencia composta polos cadanseus triángulos congruentes.

En matemáticas, cando os elementos dalgún conxunto teñen unha noción de equivalencia (formalizada como unha relación de equivalencia), daquela pódese dividir de xeito natural o conxunto en clases de equivalencia. Estas clases de equivalencia constrúense para que os elementos e pertencen á mesma clase de equivalencia se, e só se, son equivalentes.

Formalmente, dado un conxunto e unha relación de equivalencia en a clase de equivalencia dun elemento en denótase ou, equivalentemente, para resaltar a súa relación de equivalencia A definición de relacións de equivalencia implica que as clases de equivalencia forman unha partición de é dicir, que cada elemento do conxunto pertence exactamente a unha clase de equivalencia. O conxunto das clases de equivalencia chámase ás veces conxunto cociente ou espazo cociente de por e denótase

Cando o conxunto ten algunha estrutura (como unha operación de grupo ou unha topoloxía) e a relación de equivalencia é compatible con esta estrutura, o conxunto cociente adoita herdar unha estrutura similar do seu conxunto pai. Os exemplos inclúen espazos cocientes en álxebra linealr, espazos cocientes en topoloxía, grupos cocientes, espazos homoxéneos, aneis cocientes, monoides cocientes e categorías cocientes.

Definición e notación

[editar | editar a fonte]

Unha relación de equivalencia nun conxunto é unha relación binaria en que satisfai as tres propiedades:[1]

  • para todos os (reflexividade),
  • implica para todos (simetría),
  • se e entón para todos (transitividade).

A clase de equivalencia dun elemento defínese como [2]

A palabra "clase" na expresión "clase de equivalencia" pode considerarse xeralmente como un sinónimo de " conxunto".

O conxunto de todas as clases de equivalencia en respecto dunha relación de equivalencia denotase como e chámase módulo (ou o conxunto cociente de por ). [3] O mapa sobrexectivo dende a que asigna cada elemento á súa clase de equivalencia, chámase sobrexección canónica ou proxección canónica.

Cada elemento dunha clase de equivalencia caracteriza a clase e pódese usar para representala. Cando se escolle un elemento deste tipo, chámase representante da clase. A elección dun representante en cada clase define unha inxección de en X. Xa que a súa composición coa sobrexección canónica é a identidade de tal inxección chámase sección, cando se usa a terminoloxía da teoría das categorías.

Ás veces, hai unha sección máis "natural" que as outras. Neste caso, os representantes chámanse representantes canónicos. Por exemplo, en aritmética modular, para cada número enteiro m maior que 1, a congruencia módulo m é unha relación de equivalencia sobre os enteiros, para a cal dous enteiros a e b son equivalentes, neste caso, dise congruente, se m divide a isto denotase como Cada clase contén un número enteiro único non negativo menor que e estes enteiros son os representantes canónicos.

Propiedades

[editar | editar a fonte]

Todo elemento de é membro da clase de equivalencia Dadas dúas clases de equivalencia e son iguais ou disxuntas. Polo tanto, o conxunto de todas as clases de equivalencia de forma unha partición de : cada elemento de pertence a unha e só unha clase de equivalencia.[4] No outro sentido, cada partición de procede dunha relación de equivalencia deste xeito, segundo a cal se e só se e pertencen ao mesmo conxunto da partición.[5]

Das propiedades da sección anterior despréndese que se é unha relación de equivalencia nun conxunto e e son dous elementos de as seguintes afirmacións son equivalentes:

  • Sexa o conxunto de todos os rectángulos nun plano, e ∼ a relación de equivalencia "ten a mesma área que", entón para cada número real positivo 𝐴, haberá unha clase de equivalencia de todos os rectángulos que teñan área 𝐴.
  • Considere a relación de equivalencia módulo 2 no conxunto de enteiros, tal que 𝑥∼𝑦 se e só se a súa diferenza 𝑥 − 𝑦 é un número par. Esta relación dá lugar a exactamente dúas clases de equivalencia: unha clase está formada por todos os números pares e a outra está formada por todos os números impares. Usando corchetes arredor dun membro da clase para indicar unha clase de equivalencia baixo esta relación, [7], [9], e [1] todos representan o mesmo elemento de
  • Sexa o conxunto de pares ordenados de enteiros (𝑎,𝑏) con 𝑏 non cero, e definimos unha relación de equivalencia ∼ en tal que (𝑎, 𝑏) ∼ (𝑐,𝑑) se e só se 𝑎𝑑=𝑏𝑐, entón a clase de equivalencia do par (𝑎,𝑏) pódese identificar co número racional 𝑎/𝑏, e esta relación de equivalencia e as súas clases de equivalencia pódense usar para dar unha definición formal do conxunto de números racionais. A mesma construción pódese xeneralizar ao corpo de fraccións de calquera dominio integral.
  • Se consiste en todas as liñas do plano euclidiano e 𝐿∼𝑀 significa que 𝐿 e 𝑀 son rectas paralelas, daquela o conxunto de liñas paralelas entre si forman unha clase de equivalencia, sempre que unha recta se considere paralela a si mesma. Nesta situación, cada clase de equivalencia determina un punto no infinito.

Invariantes

[editar | editar a fonte]

Se é unha relación de equivalencia en e é unha propiedade dos elementos de tal que sempre que é certo se é tamén certo, daquela a propiedade dise que é unha invariante de ou que está ben definido baixo a relación

Calquera función é unha invariante de clase baixo segundo o cal se e só se A clase de equivalencia de é o conxunto de todos os elementos en nos que se mapean é dicir, a clase é a imaxe inversa de Esta relación de equivalencia coñécese como kernel de

De forma máis xeral, unha función pode mapear argumentos equivalentes (baixo unha relación de equivalencia en ) a valores equivalentes (baixo unha relación de equivalencia en ). Tal función é un morfismo de conxuntos equipados cunha relación de equivalencia.

Espazo cociente na topoloxía

[editar | editar a fonte]

En topoloxía, un espazo cociente é un espazo topolóxico formado sobre o conxunto de clases de equivalencia dunha relación de equivalencia nun espazo topolóxico, utilizando a topoloxía do espazo orixinal para crear a topoloxía no conxunto de clases de equivalencia.

As órbitas dunha acción de grupo nun conxunto poden denominarse espazo cociente da acción sobre o conxunto.

Un subgrupo normal dun grupo topolóxico, que actúa sobre o grupo por acción de translación, é un espazo cociente nos sentidos de topoloxía, álxebra abstracta e accións de grupo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]