Conversa usuario:Xelo2004/arquivo 2

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A parte de ser unha honra :) estrear a tua nova páxina, creo que está todo aclarado, pero que é unha mágoa que no mapa non apareza.--Agremon 14:49, 5 Feb 2005 (UTC)

Estou vendo que non te contestei á derradeira nota que me deixaches. Por suposto que podes chamarme compañeiro, Xelo. xa sabes onde estou.--Agremon 22:36, 8 Feb 2005 (UTC)

Estupendo traballo o de subir os escudos Xelo2004, felicitacións. Outra cousa tiña pensado revisar pouco a pouco que o modelo das efemérides fose igual para todos os artigos, cal é o modelo correcto? podes indicarme unha páxina que sexa a que teña o modelo que hai que seguir? Saúdos. --Prevert(talk) 21:24, 10 Feb 2005 (UTC)

  • Estou seguro de que se te pós a facer fotos as páxinas da Galipedia axiña se van encher de bo material gráfico. Por outra parte, confio en que a túa saúde mellorara neste dous meses que pasaron e que esteas recuperado. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:52, 10 Feb 2005 (UTC)

Parque Rosalía de Castro[editar a fonte]

Vaia!! nótase que cando te pós a facer un traballo é un traballo feito a conciencia. É un percorrido completo, preguntome que farías no caso de ter máis equipamento audiovisual e tempo: imaxes panorámicas deste estilo, animacións en flash ou peliculillas como estas. O que non sei é se sería mellor chamar a páxina Parque Rosalía de Castro, Lugo porque seguro que existe algún parque máis co mesmo nome. Sobre o uso de <gallery> non hai moita información e semella que por agora non se pode facer a galería como un queira. En canto ao artigo clítoris estou seguro que se as cousas seguen así ao final imos chegar a ter o mellor artigo das wikipedias. Lástima que non teñas o material que teñen estes ou esta outra xente porque teríamos cousas como esta. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:48, 17 Feb 2005 (UTC)

Resposta a «Tarxeta ou Tableta?»[editar a fonte]

Gracias Xelo2004 polo aviso. Non é un erro, tarxeta gráfica e tableta gráfica fan referencia a dispositivos diferentes. Tableta gráfica é un periférico que converte o que escribes ou debuxas enriba da súa superficie nunha imaxe dixital (máis ou menos).

--Alguén 10:59, 17 Feb 2005 (UTC) Estan a facer un atentado urbanistico a caron do PARQUE ROSALIA. PODES MIRAR EN WWW.parquerosalia.es

Cadro de advertencia[editar a fonte]

Sinto discrepar contigo Xelo2004, engadir un cadro nos artigos como o que propós supón facer unha valoración do contido que na miña opinión atenta contra o punto de vista neutral, non é a nosa función calificar o material publicado (salvo as cuestións de tipo técnico contempladas nas políticas e normas da wikipedia).
Na portada desta wikipedia dí: "Este é un proxecto internacional feito por voluntarios, co propósito de facer unha enciclopedia libre, accesible, colaborativa e de balde en moitos idiomas. O obxectivo é a plena transmisión da sabedoría e o coñecemento sen restricións editoriais nen comerciais.". Polo tanto debemos ser coidadosos co rigor e exactitude dos artigos pero non ir máis alá, porque introducir esa mensaxe sería adxudicarnos un papel que non nos corresponde. Esta é só a miña opinión, non obtanste podes facer unha proposta na taberna para proceder a unha discusión máis ampla con toda a comunidade. (En canto ao artigo en cuestión creo que podería suavizarse o "impacto" da foto editando a imaxe no sentido en que o fixeron na wikipedia alemana -atenuando a cor e retirando a pintura das uñas-, sempre e cando Rocastelo estívese de acordo). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:41, 19 Feb 2005 (UTC)

  • Comprendo perfectamente as túas preocupacións e imaxino os problemas aos que te refires. Unha enciclopedia non debería ser considerada como un material ofensivo, o mesmo que non consideramos un tratado de anatomía como algo ao que lle teñamos que por etiquetas de advertencia. Sempre haberá persoas que se escandalicen por calquera cousa -por mínima que sexa-, e iso non ten condicionar o que escribimos sempre que sexa un traballo honesto. Cando dicía na mensaxe anterior que se o considerabas oportuno podias pasar a discusión á taberna, era porque penso que a miña opinión só é unha opinión máis e non pretendo que teña maior valor ca doutras persoas (en ocasións noutras wikipedias semella que uns usuarios queren ter máis dereitos que outros e se os contradín alporízanse, non é o meu caso eu prefiro o debate e o consenso). Por último, a posible edición da foto só era unha proposta para facer a imaxe máis "neutra" e, por suposto, non me parece mal o que dís. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:12, 20 Feb 2005 (UTC)

de Sobreira[editar a fonte]

Ola, Xelo. Ante todo, preséntome: son user talk:Sobreira e non levo durante demasiado tempo facendo cousas para a wikipedia, pero si levo bastante tempo gastado diariamente. As miñas tarefas céntranse en ir clasificando os artigos que non teñen unha categoría, que son bastantes, e de paso voulles revisando algo de lingua e estilo. No aspecto de lingua non me penso coa lexitimidade de discriminar ou debater sobre a calidade do galego, sexa lusista, de Lugo ou de Zamora (e menos un de Vigo coma min que non distingue "ver" e "mirar"). Pero algo que si podo e quero ir facendo é ir revisando os tiles, as ligazóns (se non teñen) e en moitos casos (en demasiados) a redacción (que non é o teu caso o segundo, pero si o primeiro). Simplemente busco que a Wikipedia pareza unha enciclopedia, non un concurso de escribir moito inda que sexa mal. Sempre respectando as variedades de cada quen, nisto si que me considero con certo criterio, e creo que ese criterio é ademais bastante obxectivo.

É certo que fun eu quen categorizou San Basilio coma traducir. A miña intención non é alporizar nin modificar. Non busco que se borre: simplemente creo que necesita unha revisión ortográfica (e poñerlle ligazóns, que non ten ningunha). Por iso aparteino para lembrarme máis tarde. Ando a varias cousas á vez e prefiro pararme para revisar iso (e o de Cela) polo miúdo noutro momento. No caso concreto de Cela, non sei se te decatas de que as datas están ligadas dun xeito moi estraño: ti colocas 2 de xaneiro e isto vai ó ano 2 e ó mes de xaneiro de tódolos anos. O lóxico é ligalo a 2 de xaneiro onde se poden ver as efemérides desa data. Foi por iso polo que tamén me detiven retocando.

Sobre a causa non sei se estarás de acordo comigo: formas coma "estáis" ou "deixáis" (a non ser que sexas de Ancares ou Zamora onde sei que é así como se di: nese caso reitero as miñas desculpas, pero sigo sen saber a que ven o til), a conxunción "Y", "só" (=soamente) sen til ou unha colocación do pronome átono que pouca xente en Galicia é capaz de dicir xa (por que é un arcaísmo, que tamén existen -e moitos- no galego oriental) non me pareceron correctos en bo galego. Como eran máis os que detectei cós que podería facer sen cansarme, decidín pospoñelo. A causa é simplemente esa.

Respecto ó das traducións dos libros de Cela, sinto disentir: igual que para min "Montparnasse" en París non é "Monte Parnasio", nin "Dublín" é "lagoa negra" (ou algo así) e nin tampouco podo admitir "Puenteareas", tampouco podo pensar que sexa necesario traducir no caso de que estean en castelán. Non creo necesario que se traduza algo que é obvio. Eu son dos primeiros en sacudirse a ideoloxía castelanizante de enriba, pero sempre tendo en conta a reciprocidade: mentres exista comprensión na comunicación, non lle farei á lingua dos demais o que non me gustaría que lle fixesen á miña. Esa foi a causa de traducir os títulos dos libros de Cela. Pero admito poder estar trabucado. De tódolos xeitos: ¿sabes se hai algunha norma ó respecto?

Inda e todo, sobre o dos artigos de Cela ou San Basilio, teño que felicitarche: son moi completos en cantidade e calidade. Son o tipo de artigos que dá gusto lelos polo detallista que son. É máis: cando o estaba modificando, houbo algún dato que quixen buscar ("O soto") e non o atopei, o cal dá idea do traballo que tiveches que facer. Por certo, nas túas futuras creacións anímoche a que categorices os artigos. Cordialmente e sen ánimo de ofender: --Sobreira 19:03, 21 Feb 2005 (UTC)

Problemas cos servidores da wikipedia[editar a fonte]

Como puxen na taberna o pasado día 21 os servidores da wikipedia fallaron por un corte do suministro eléctrico, iso provocou que se "corrompesen" as bases de datos. Por sorte nunha das máquinas conseguiron recuperar unha copia da base de datos intacta que a súa vez permitiu poñer en liña outra vez a wikipedia (primeiro en modo lectura e despois no modo normal). Desde hai uns días abriron outro periodo de donacións (é o que aparece na wikipedia española) para comprar máis equipo. O éxito do proxecto é tan grande que as necesidades aumentan en pouco tempo dun xeito espectacular. Por outra parte, os operadores de Google fixeron unha oferta para albergar a wikipedia nas súas máquinas e os responsables do proxecto están valorando esa posibilidade para evitar os problemas actuais, no mes de marzo terán unha reunión con Google (a información que hai sobre o tema por agora é escasa, nalgunha páxina de Meta-Wiki están discutindo os usuarios sobre as vantaxes e problemas que tería aceptar esa oferta). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:05, 24 Feb 2005 (UTC)

Noraboa polo artigo do abadexo, quedou moi ben e con moita información, nótase que che gusta o tema. Por suposto que non me importa que mellores o artigo do clítoris, non tes que pedir permiso para modificar calquera artigo, todos queremos o mesmo: mellorar a Galipedia, non sempre coincidiremos, pero iso non é o importante, o importante é facer unha Galipedia útil e con calidade, saúdos.--Rocastelo 17:38, 28 Feb 2005 (UTC)


Padus pollachius[editar a fonte]

Podes confirmarme a referencia de Padus pollachius para o abadexo, estiveno a buscar en Google e non atopei referencia ningunha. É un errata?.--Rocastelo 22:50, 28 Feb 2005 (UTC)

Agradecemento[editar a fonte]

Moitas grazas por saudar, Xelo. O certo é que si, que xa hai un tempo que estou rexistrado, pero non é menos certo que hai tamén bastante que non colaboro. De todos xeitos, agradécese a deferencia. Pois o certo é que non teño nin idea de onde puidestes ter visto o meu nick, porque non me prodigo moito pola internet ... Para o que necesites: Xaguar 1:15, 9 Mar 2005 (UTC)


Biografías[editar a fonte]

Mira o que di a política de uso de biografiasyvidas.com:

Biografías y Vidas autoriza a los Usuarios a utilizar, visualizar, imprimir, descargar y almacenar los Contenidos y/o los elementos insertados en el Website exclusivamente para su uso personal, privado y no lucrativo; siempre que en todo caso se indique el origen y/o autor de los mismos y que, en su caso, aparezca el símbolo del copyright y/o notas de propiedad industrial de sus titulares. Queda terminantemente prohibida la utilización de tales elementos, su reproducción, comunicación y/o distribución con fines comerciales o lucrativos, así como su modificación, alteración, o descompilación. Para cualquier otro uso distinto de los expresamente permitidos, será necesario obtener el consentimiento previo por escrito del titular de los derechos de que se trate.

E sobre todo:

Los contenidos de esta web pueden utilizarse libremente, siempre que se cite su origen. Si desea reproducir alguna de las biografías en su sitio, sólo tiene que citar su procedencia y establecer un vínculo con nuestra página principal.


De tódalas formas tentarei completar máis as biografías como me recomendas. Un saúdo.--Adalbertofrenesi(talk) 22:26, 13 Mar 2005 (UTC)

Categorías[editar a fonte]

Como se poden crear novas categorías Graciñas e un saúdo--Luisinho 16:22, 14 Mar 2005 (UTC)

  • Grazas, xa lles preguntarei. --Luisinho 16:44, 14 Mar 2005 (UTC)
  • Xa o lin, grazas, o dos alemáns ten o seu aquel ;) --Luisinho 00:12, 15 Mar 2005 (UTC)

Creo que o sentido diso é buscar unha maior difusión da wikipedia, non obter ningún rendemento comercial. O prezo é simbólico 3 € e tamén hai unha versión que se pode descargar desde a web -por suposto gratuita-. Se non me equivoco na wikipedia inglesa hai un proxecto semellante. Por outra parte, calquera que descargue a base de datos da wikipedia pode utilizar o material de xeito comercial se quere (está permitido pola licenza). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:15, 15 Mar 2005 (UTC)

MediaWiki[editar a fonte]

O que baixaches son o que se chaman SQL-dumps, é dicir, arquivos coa versión actual dos artigos (o de menor tamaño) e o conxunto dos cambios nos artigos (o de maior tamaño). Un dos usos que se lle pode dar a esas decargas é ter unha copia local (no teu ordenador) da Galipedia (ou de calquera outra wikipedia), pero o que ti cambias no teu ordenador na base de datos non cambiará na Galipedia (non serve para evitar editar na versión en liña da Galipedia). MediaWiki pode obterse en http://sourceforge.net/projects/wikipedia/ (tamén convén que mires este enlace http://wikipedia.sourceforge.net/). Outra cousa, para que funcione MediaWiki no teu ordenador hai que ter instalado Apache+PHP+MySQL (nesta páxina tes información http://meta.wikimedia.org/wiki/Help:Installation), se o queres facer en Windows consulta a páxina http://meta.wikimedia.org/wiki/Running_MediaWiki_on_Windows. Hai paquetes con Apache+PHP+MySQL e outras ferramentas que instalan todo dunha vez. Cando todo estea instalado o aspecto do MediaWiki non será exactamente igual ao das wikipedias en liña, para conseguir o mesmo aspecto hai que seguir configurando. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:39, 15 Mar 2005 (UTC)


Gracias pola benvida[editar a fonte]

Eu tamén espero contribuir a que a Galipedia creza en interese e utilidade. Non sei canto poderei adicarlle, pero procurarei que sexa o mais posible. Un saudo, --Magadevigo 12:10, 16 Mar 2005 (UTC)

Imaxes de satélite.[editar a fonte]

Aínda non recibín ningunha resposta, comenteino con outras persoas e o que parece claro é que haberá que pedir permiso. Con repecto ao tempo é díficil compaxinar isto con outras obrigas pero todo o esforzo que fagamos paga a pena. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:35, 25 Mar 2005 (UTC)


Concellos galegos[editar a fonte]

A verdade é que, se segues o que estou a facer, notarás que é un pouco errático (coma min :-D). Realmente púxenme a subir imaxes miñas que tiña por aquí; comecei por Viveiro e logo por Mondoñedo -sen nengunha razón-. Observo que a estrutura que se deseñou para Abadín non é a que seguiu o que fixo o de Viveiro, que foi a que eu tomei como modelo. Con seguir a estrutura refíreste a colocar todos os cabezallos das seccións ainda que estexan vacías? Dígoo porque eu non pensaba obter todos eses datos. Se é así, fareino a partir de agora por todos os concellos polos que pase. Por certo, a Cova do Rei Centolo onde iría? Xosé(Falarlle) 00:02, 26 Mar 2005 (UTC)

Un saúdo, Xelo.--Agremon(contacto) 23:24, 26 Mar 2005 (UTC)

  • Envíeiche un enderezo por correo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:12, 28 Mar 2005 (UTC)

Entroido[editar a fonte]

O do 2005 quedaron en darmo, pero ata agora, nada.--Agremon(contacto) 17:41, 29 Mar 2005 (UTC) Só quería comezar a túa nova páxina, era unha tentación vela baleira. Quedo a espera do artigo da muralla de Lugo, supoño que cando o publiques xa non haberá que ir ata Lugo para vela ;-) Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:38, 29 Mar 2005 (UTC)

Ola, compañeiro! Vaia, a min vaime pasa-lo contrario... Comezo as vacacións o 4 (ben, o 2) co cal tamén se vai ver reducida a miña participación... (Nin que fose tanta ;)). ¡Carpe diem! Un saúdo --Luisinho(✍ ir á miña discusión) 19:15, 29 Mar 2005 (UTC)

Graciñas pola benvida, (inda que con retraso), fai que unha se sinta máis acompañada mentres anda a colaborar neste gran proxecto!! :-) Como ves, inda que ós poucos, ando a organizar a sección de mitoloxías... o que me queda! En fin... ah! e prometo -algún destes días- poñerme ca mitoloxía galega, inda que confeso andar bastante máis verde desa que do resto! :-P Skulda

Xelo, disfruta dos días que quedan ata o traballo! (ou pasarás o traballo pensando por que non o fixeches...)--Agremon(contacto) 14:36, 30 Mar 2005 (UTC)

Usuarios[editar a fonte]

Parece certo o do administrador de commons. En canto á páxina Laura xa está marcada para borrar cando o sistema o permita, as páxinas moi antigas están nunha versión comprimida da Galipedia que bloquea o borrado. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:48, 30 Mar 2005 (UTC)