Usuario:Skulda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Saúdo[editar | editar a fonte]

Ola a tod@s!!

Wikipedia:Babel
gl Este usuario é galegofalante.
es Este usuario es un hablante nativo de español.
fr-4 Cet utilisateur parle français à un niveau comparable à la langue maternelle.
en-3 This user can contribute with an advanced level of English.
ca-2 Aquest usuari pot contribuir amb un nivell mitjà de català.
it-1 Quest'utente può contribuire con un Italiano di livello semplice.
pt-1 Este usuário pode contribuir com um nível básico de Português.
Procurar usuarios por lingua

Xa fai unha temporadiña que veño colaborando ca Galipedia -hi, hi... qué cousas... fai unha semana escasa, eu inda a chamaba "a Wikipedia galega", cómo se nota que levaba tempo sen vir por aquí!!- :p, pero inda non me animara a crear o meu propio artigo, así que... velo aquí!

Empecei xa fai algún tempo (algo más de ano e medio, se non me fallan os cálculos) e por casualidade a colaborar, e a arranxei ben , que acabei enganchada ó tema este, inda que entre a falta de tempo e as miñas obligacións non colaboro ca frecuencia que desexaría.

Por agora, este é o meu proxecto:

  • Estoume a ocupar da sección Mitoloxía, revisando as listas de deuses, engadindo ou correxindo nomes, e creando ou revisando os seus artigos.

Polo de agora, prefiro centrarme entre as mitoloxías romana, grega, nórdica e a sección adicada ó universo de J.R.R. Tolkien, que son os campos que mellor coñezo... Xa me irei metendo no resto, inda que, ós poucos... que como din "quen apura cabalo fraco..."

  • Polo demáis, en caso de necesitar urxentemente rematar ou completar un artigo que figure xa noutras Wikipedias, ofrézome voluntaria para traducir do francés, que é a miña especialidade (bueno, o castelán, xa non o conto! :-p), inda que non lle fago moitos ascos ó inglés ou o italiano, que algo tamén me vou apañando.

Non vos estrañedes se aparezo e desaparezo como o Guadiana... de tanto andar entre magos, deuses e fadas, algo se me andará a contaxiar!! (hehehe...) :-p

Hala, que me despido: deica!

Aburiño!!!

Novos proxectos de colaboración[editar | editar a fonte]

Inda que pareza que levo "séculos" sen colaborar, de feito, últimamente ando a traballar como unha tola, xa que son a armadanzas que anda detrás da maioría dos equipos que se teñen rexistrados este ano do IES Lamas de Castelo, de Carnota, ós que espoleo e tutelo no seu traballo de colaboración. Todo esto débese a que son "profa" dese instituto, e que, xa que estamos nun proxecto de TICs, ando a usar o ordenador e mais Internet de forma case desaforada nas miñas clases. Pois velaquí os resultados: 8 equipos creados, e subindo!! Aquí volos presento:

Calquer idea, suxerencia ou petición de axuda, será benvida, e, na medida do posible, responderei persoalmente ou a través dos equipos mencionados arriba a ela, todo coa fin de contribuír a chegar canto antes ós 30000 artigos.

Veña, que xa queda menos!!!