Conversa usuario:Vazvilpa

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido á Galipedia, Vazvilpa!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --JaviP96 28 de abril de 2013 ás 20:13 (UTC)[responder]

Formatos[editar a fonte]

Boas noites, Vazpila. O problema era simple: non debes comezar os párrafos con espazos a modo de sangría de primeira liña. E debes separar os parágrafos cun doble salto porque se non aparecerán unidos nun só longo parágrafo. Agora quédache corrixir o texto, aplicar ligazóns internas e, sobre todo, achegar fontes das que quitas a información, xa que na galipedia son imprescindibles as referencias que apoien o que un escribe. Sempre que necesites axuda, aquí estaremos. Pedro --Lameiro (conversa) 28 de abril de 2013 ás 22:40 (UTC)[responder]

Cortesía verbal[editar a fonte]

Benvido Vazvilpa, vin o outro día o artigo que comezaches de cortesía verbal, e como non sei moito do tema quería saber se a idea do artigo pode equipararse co do artigo na wiki en castelán es:cortesía, xa que se fose así penso que sería mellor cambiarlle o nome e engadille o que aquí chamamos interwikis. Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de abril de 2013 ás 22:35 (UTC)[responder]