Saltar ao contido

Conversa usuario:StarWarsTheLastJediFan

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, StarWarsTheLastJediFan!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --RubenWGA (conversa) 25 de marzo de 2017 ás 18:52 (UTC)[responder]

Traducións

[editar a fonte]

Moi boas noites e benvido de novo. Por favor, teña en conta que o sistema de tradución autómatica non pode ser utilizado de forma abusiva e este só é unha axuda de cara á tradución dun artigo; polo tanto, ao usalo debes revisar completamente o texto para evitar eivas de estilo, lingua ou ortografía. Isto dígollo en referencia ao artigo Caillou Pettis traducido desde a Wikipedia en catalán con innumerables errores na tradución. Esta xa foi revisada e redactada correctamente.

Recoméndolle botar unha ollada á páxina de benvida aquí ou ben na anterior mensaxe de benvida e aconséllolle revisar o libro de estilo da Galipedia para saber máis de como organizar os teus próximos artigos. Se o que necesitas é facer probas tamén podes utilizar a zona de probas da Galipedia. Non te preocupes por isto e segue co bo traballo. Moitístimas grazas e un saúdo cordial, --RubenWGA (conversa) 25 de marzo de 2017 ás 19:26 (UTC).[responder]