Conversa usuario:Seveper
Benvido(a) á Galipedia, Seveper!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo.--Lmbuga Commons - Galipedia 19:31, 20 febreiro 2008 (UTC)
Imaxe:Logo falabarato.gif e Imaxe:Falabarato.gif son unha violación do copyright[editar a fonte]
A imaxe Imaxe:Logo falabarato.gif e Imaxe:Falabarato.gif foron borradas por violación dos dereitos de autor |
Grazas por colaborar subindo imaxes. As imaxes foron borradas por ser unha violación dos dereitos de autor. Os logos teñen dereito de autor. Segundo a legislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web tenga copyright. A imaxe foi atopada en http://www.falabarato.net/Portal/index.php, páxina que non está no dominio libre.
En caso de estar a páxina no dominio libre, indícame onde se expresa a licenza con que se pode compartir o logo e/ou outras imaxes e procurarei recuperala.
Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 19:31, 20 febreiro 2008 (UTC)