Conversa usuario:Nerea Monteagudo Rodríguez

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Nerea Monteagudo Rodríguez!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe doutra persoa tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo..--Maria zaos (conversa) 18 de abril de 2021 ás 22:10 (UTC)[responder]

Margaret Hutchinson Rousseau[editar a fonte]

Moitas grazas polas túas achegas na entrada de Margaret Hutchinson Rousseau.

  1. Engadiches texto correctamente e marcaches dúas ligazóns internas. No caso do Massachusetts Institute of Technology, se premes na ligazón vas ver que non se abre unha páxina con este título, senón con este: Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. A razón é que se fai unha redirección dentro da Galipedia cara o título que cumpre coas políticas sobre títulos, que indican que na maioría das universidades e nos institutos e outras organizacións hai que traducir o nome ao galego.
  2. Vexo que non tiveches problema co modelo Citar. Fixeches moi ben en indicar na páxina de conversa a retirada de contido que fixeras. Cada vez que retiramos contido ou facemos unha edición nun texto que poida considerarse controvertida, é moi recomendable indicalo na conversa achegando as razóns do cambio. Neste caso, como non estabas a retirar un contido previo realizado por outra persoa, con indicalo nos resumos de edición (como fixeches) abondaría.

Como ves é bastante sinxelo ir corrixindo, edición a edición, aquelas cousas nas que nos equivocamos. Modificámolas nunha nova edición, explicamos a razón no resumo de edición e adiante. Tes tamén outra opción para desfacer as túas propias edicións na pestana de historial de edicións: en cada liña, correspondente a unha edición, verás desfacer. Premendo aí e achegando a xustificación do cambio na caixiña de resumo de edición volverías á edición anterior. Entendo que decidiches retirar as referencias porque (dúas) tomaban como fonte artigos doutras wikipedias. E fixeches ben. Vou explicar un par de cousiñas para que as poidas ter en conta no futuro:

  1. Para apoiar as afirmacións que redactamos no texto de calquera wikipedia temos que basearnos en fontes publicadas e acreditadas, e para indicalas debemos seguir dous pasos: 1. crear a cita en liña co texto co modelo citar 2. Se non existise a sección de notas, creala cunha cabeceira e inserir a lista de referencias debaixo. Aí é onde aparecerán con formato os datos que permiten identificar as fontes utilizadas.
  2. Aínda que a licenza permite a reutilización de contidos doutras wikis (por exemplo, cando traemos un texto da wikipedia española para traducilo ao galego e ter esa entrada na Galipedia), non se permite a referencia a outras wikipedias e por esta razón non podemos engadir unha cita que conteña unha url a outra ou esta wikipedia. Explícome: os textos doutras wikipedias están redactados en torno a unhas obras ou fontes de información concretas que os apoian. Cando traemos un texto para traducir, por exemplo, o traballoso é precisamente conservar todas as citas que tiña a entrada nesa wiki e asegurarnos que quedan ben na lista de referencias (Notas). Porque os textos sós non valen ao quedar orfos de fontes. Podemos, iso si, navegar por outras wikis e localizar fontes que nos poidan ser útiles para os contidos que desexamos editar, que redactaremos coas nosas palabras. Pero como é responsabilidade nosa que o noso texto estea ben apoiado por fontes, faise necesario ler esas fontes non vaia ser que a cita non se colocase no sitio correcto naquela wiki e esteamos dicindo que a fonte A di Z cando non o di ou di H. Tamén é importante, se copiamos texto doutras wikipedias, indicalo no resumo de edición. Esa redacción que estamos a copiar dende outra wiki é resultado do traballo intelectual de varias persoas e é necesario recoñecerllelo, de igual maneira que nesta wikipedia todas as túas edicións son recoñecidas como traballo teu, dentro de entradas colaborativas nas que hai achegas de varias persoas.
  3. Unha boa estratexia de traballo no futuro podería ser navegar por outras wikipedias e ir directamente ás seccións de notas/referencias/bibliografía, onde atoparemos fontes acreditadas que moitas veces están accesibles en liña. Ao ir consultándoas unha a unha iremos tomando o que nos interese de cada unha para facer a nosa propia redacción do texto pouco a pouco. Este método facilitará a xestión das citas na entrada nova que esteamos a crear. Esta é unha práctica que considero que che vai ser de utilidade na túa vida académica, para a redacción de traballos ou artigos.

Moitas grazas de novo por animarte a colaborar coa Galipedia. Un saúdo.- Maria zaos (conversa) 18 de abril de 2021 ás 22:40 (UTC)[responder]