Conversa usuario:Miripunk

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Miripunk!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Lmbuga Commons - Galipedia 23:52, 14 novembro 2006 (UTC)

Imaxe sen licenza[editar a fonte]

Perigo
Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza
Image:27092006(024).jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:27092006(024)baja.jpg', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Se accedes á túa imaxe, observarás que está marcada para ser eliminada por falta de datos. Os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza ou copyright e a orixe ou source. Tódalas imaxes que se suban á Galipedia teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Pódeche axudar para entender o que é a licenza ler Wikipedia:Política de uso de imaxes. Tes un listado de licenzas en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe.

A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe, preferentemente mediante un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Galipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero si debe indicarse expresamente.

Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade para engadir os datos (Como contactar con outros usuarios)


Lmbuga  Commons -  Galipedia 23:52, 14 novembro 2006 (UTC)

Grazas por colaborares connosco. San Mamede do Carballal, Palas de Rei" foi borrado, o artigo só tiña unha imaxe, carecía de texto que lle dese entidade enciclopédica. Os artigos que carezan dunha mínima elaboración serán borrados. Agradeceróache que creases de novo o artigo, pero con datos que posibiliten que se desevolva unha lectura. Non dubides en contactar comigo cando dsexes. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 23:58, 14 novembro 2006 (UTC)

Foto duplicada[editar a fonte]

Para contactar comigo

Para contactar comigo, fai click na
palabra Galipedia da miña sinatura.
Fai click despois na pestana editar
da ventá que se abre. Escribe ó final
da páxina e, cando remates, asina (fai
click no penúltimo botón da barra que
está encima da caixa de edición, o que
ten unha sinatura como debuxo).

A imaxe Image:27092006(024)baja.jpg foi borrada por ser un duplicado de Image:27092006(024).jpg. Supoño que a farías dun tamaño inferior para a engadir a unha páxina, mais non é preciso facer tal cousa pois se incorpora escribindo na páxina [[Image:27092006(024).jpg|thumb|right|200px|Breve descrición da imaxe]].

Por outra banda, lembra que Image:27092006(024).jpg carece dos datos suficientes para manterse en Commons, tal como che expliquei nun aviso anterior. Se me indicas cal é a orixe da imaxe, poderei axudarte. Sería recomendable que non incorporases a imaxe á páxina mentres non engadas os datos solicitados na mensaxe anterior

Unha última cousa. É conveniente que poñas un título as novas imaxes que subas que reflicta o seu contido.
Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 20:18, 17 novembro 2006 (UTC)