Conversa usuario:Milcousas

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Milcousas!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 11:07, 12 de decembro de 2010 (UTC)

A Galipedia non é lugar no que facer publicidade de libros, aconsélloche que mires as ligazóns de enriba para coñecer o que é a wikipedia.--Cheluco 11:58, 12 de decembro de 2010 (UTC)
Se un usuario co nome milcousas fai un artigo sobre un libro con ese título por moita boa fe que se teña todo fai pensar en que é publicidade, é posible que o teu caso non fora pero eu non tiña xeito de comprobalo. Claro que se poden facer artigos de seres de ficción, pero nalqueles casos nos que sexan coñecidos, e mirando en internet non hai nada que indique relevancia para ese ser. Queda por último dicir que se ti es o autor do libro ou tes algún tipo de relación determinante (editor, deseñador, ilustrador...) tampouco podes escribir sobre el. Non teñas dúbidas en preguntar o que queiras, e desde logo esta é a túa casa, espero que este comezo non impida que colabores, a túa colaboración é benvida. --Cheluco 12:54, 12 de decembro de 2010 (UTC)