Conversa usuario:Miguel.lima/2006

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvido á Galipedia.. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa non dubides en preguntar. Saúdos, --Rocastelo(fálame aquí) 20:35, 15 marzo 2006 (UTC)


  • Con moito retraso, douche a benvida a este proxecto. Espero que disfrutes colaborando coa Galipedia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:38, 2 abril 2006 (UTC)
  • Moitas grazas pola túa intervención no debate de borrado da páxina Anxo Carbajal e tamén moitas grazas pola túas colaboracións. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:26, 21 xuño 2006 (UTC)
  • Eliminei as categorías Xornais galegos e Páxinas web porque neste caso non se poden crear de xeito provisorio. A rama que inclúe eses temas está en proceso de debate, polo tanto, crear as categorías pode supor problemas posteriores na clasificación, ou levar a pensar no caso concreto de Páxinas web que poden crearse ese tipo de artigos cando Wikipedia:O que a Wikipedia non é desaconsella publicar artigos sobre páxinas web. Só naqueles artigos que correspondan a lugares de especial relevancia poden publicarse. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:27, 24 xuño 2006 (UTC)
  • O criterio que vimos seguindo coas categorías é o seguinte, ábrese un proceso de debate sobre as ramas de categorías para conseguir coherencia e unidade. Admítese a creación de categorías provisorias, se a rama non está en debate ou se hai moitas posibilidades de que esa categoría permaneza. Tamén pode pasar que a rama fora debatida e alguén cree unha categoría nova, pode ocorrir que non sexa borrada porque se pensa que nun próximo debate pode chegarse a un acordo e amosa utilidade polo momento. Por exemplo a rama Informática está debatida e non borramos ningunha das categorías que creaches relacionadas co tema. Aos debates sobre categorías accedese desde a parte superior da páxina Cambios recentes, en Wikipedia:Wikiproxecto Categorías desde ela podes ver os debates abertos, en Wikipedia:Categorías podes ver ás categorías oficiais. En Arte e Cultura - Situación maio de 2006 está o debate que inclúe prensa, prácticamente está todo pechado menos a parte referida a Medios de Comunicación e outras pequenas cousas. Hai unha serie de regras sobre as categorías que se foron establecendo para conseguir coherencia e continuidade entre ramas, iso significa que hai certas categorías implícitas. Neste caso concreto borrei as categorías que fixeches porque podían entrar en contradición co que hai feito, nun caso porque a única páxina que formaba parte da categoría é unha páxina que está en discusión e noutro caso porque o obxecto da enciclopedia non é reseñar páxinas web. Existe o artigo Vieiros pola súa relevancia no caso galego, pero temos moi poucos artigos de páxinas web e precisamente as regras da Wikipedia intentan que non proliferen ese tipo de artigos. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:49, 24 xuño 2006 (UTC)

Ola Miguel.lima, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para difundir o que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia que queira aportar pode incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi váliosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:53, 15 setembro 2006 (UTC)

  • Grazas por volver a editar na Galipedia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:13, 8 outubro 2006 (UTC)

Imaxes de pegadas[editar a fonte]

En commons:Category:Fingerprints hai algunhas imaxes de pegadas, non as puxen porque o artigo está en edición, se che parecen interesantes podes incluir algunha. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:47, 8 outubro 2006 (UTC)

20.000 artigos[editar a fonte]

Ola Miguel.lima. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.

Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:46, 6 decembro 2006 (UTC)

O que aparece entre {{}} é un modelo, é dicir unha outra páxina noutro lugar (co nome = "template:" + o que está incluído entre {{}}) que se incrusta ou chuza aí. Para modificar o que se chuzou, hai que ir á páxina orixinal, que está en template:crono sistemasoperativos. Como ninguén máis respondeu e asumo que ti sabes de informática como para coñecer se a 1.0 BSD se lle pode chamar BSD 1.0, xa o fago eu. Saúdos vixintimilenaristas. --Sobreira (parlez) 17:40, 9 decembro 2006 (UTC)

O de vixintemilenaristas vén de vixinte- (20 directamente do latín, tal como (supoño) son trixinta-, cuadraxinta-, quincuaxinta-, sextixinta-, septixinta-, octixinta- e nonaxinta- para os seguintes de dez en dez) + -milenario (1000) - -ista (para facelo adxectivo) e vai polos 20.000 artigos que xa conseguimos. Pois iso: xa fixen o cambio. Agora espero que non sexa incorrecto dicir BSD 1.0! --Sobreira (parlez) 22:32, 14 decembro 2006 (UTC)