Conversa usuario:Mayterios

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Mayterios!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de outubro de 2019 ás 08:22 (UTC)[responder]

Foto para o concurso[editar a fonte]

Boas Mayterios, moitas grazas pola túa foto de Santoalla do Monte, Petín, engadina ó seu artigo e amañei a proposta no concurso para que saia correctamente. Se queres propoñer máis fotos e tes problemas para engadilas á páxina do concurso, podes mirar como quedou agora a túa proposta e facer as seguintes de forma semellante. E se tes calquera problema podes deixarme aquí mesmo un comentario e en canto poida xa che respondo. Ánimo, agora só faltan tres fotos de Petín! ;) Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de outubro de 2019 ás 08:29 (UTC)[responder]

Moitas grazas, as próximas publicacións tentarei facelas ben, esta foi de proba. Irei subindo as demais fotos que saquei en Santoalla, e nas outras tres parroquias de Petín que faltaban, ao longo deste mes. Saúdos! Mayterios (conversa) 6 de outubro de 2019 ás 12:30 (UTC)[responder]

Moi ben, xenial! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de outubro de 2019 ás 14:46 (UTC)[responder]
Boas de novo, quitei algunhas das túas fotos do concurso porque son cousas que non son significativas deses lugares, e non valerían para engadir ós seus artigos.
Tamén atopei que as coordenadas da foto Igrexa de Freixido de arriba.jpg non parecen correctas, podes revisala? E sobre esa foto e a outra de Freixido, Cartel en Freixido.jpg, teño dúbidas de se son de Freixido, Larouco ou de Freixido, Petín. Por favor, revisa que sexan de Freixido de Abaixo (cousa que dubido se lle chamas igrexa de Freixido de arriba) e engade máis información nas fotos que permita asegurar que pertencen a ese lugar. Se as fotos son de Freixido de Arriba, entón non poden participar no concurso porque esa parroquia xa tiña fotos.
Se precisas axuda non dubides en deixarme aquí un comentario. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de outubro de 2019 ás 12:51 (UTC)[responder]

Tes razón, ambas fotografías pertencen a Freixido de Arriba, Larouco. Desculpa, non tiven en conta ese matiz e confundinme. Por desgracia, creo que non teño ningunha foto de Freixido de Abaixo e en principio non volverei a Valdeorras ata Navidades, así que non poderei completar as parroquias de Petín. Mirarei na cámara por si acaso. Un saúdo e grazas. Mayterios (conversa) 8 de outubro de 2019 ás 13:55 (UTC)[responder]

Vale, pois nada, cando poidas, a ver se podes facer a foto que falta :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de outubro de 2019 ás 20:28 (UTC)[responder]
Boas, creo que a miña foto Igrexa_de_Santoalla_do_Monte.jpg está duplicada, podo borrar a que non ten ningún voto? Saúdos. Mayterios (conversa) 1 de novembro de 2019 ás 14:28 (UTC)[responder]
Si, xa o fixen eu. Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de novembro de 2019 ás 16:12 (UTC)[responder]