Conversa usuario:Loi Caramelo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Loi Caramelo!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo..--Maria zaos (conversa) 9 de outubro de 2020 ás 10:53 (UTC)[responder]

Ficheiro en Commons[editar a fonte]

Ola, Loi, benvido á Galipedia!. Retirei esta foto, que non tardará moito en desaparecer de Commons tamén. A razón é que a foto non é unha obra propia túa, xa que foi realizada por un ou unha fotógrafa. Vese claramente no reflexo do cristal que o ficheiro cargado é unha foto doutra foto e tirada cun móbil. Por favor, revisa as políticas sobre os dereitos de autoría nos proxectos Wikimedia antes de subir máis ficheiros. Graciñas.Maria zaos (conversa) 9 de outubro de 2020 ás 11:01 (UTC)[responder]

Boas de novo! quedei pensando que a pesar de ser unha reprodución doutra foto, é posible que teñas acceso á foto orixinal e polo tanto tamén poidas coñecer o autor/a da foto orixinal. Neste caso habería que indicar que é unha reprodución dixital doutra foto e achegar os datos da persoa que creou a foto orixinal no ficheiro subido a Commons. Se tes dúbidas de como facelo, podes escribir aquí a túa consulta. Restauro a foto no seu lugar e agardamos pola evolución nos datos da licenza. Perdoa o lío. Graciñas!.--Maria zaos (conversa) 9 de outubro de 2020 ás 11:39 (UTC)[responder]