Conversa usuario:Jurjinho
Benvido(a) á Galipedia, Jurjinho!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. Fryant 02:22, 4 outubro 2007 (UTC)
Re:Sidney
[editar a fonte]Encantado de botarche unha man. Hoxe teño pouco tempo. Mañá pola mañá, sen falta, comezo a comentarche algunhas cousas. n cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 20:15, 20 novembro 2007 (UTC)
Liorta
[editar a fonte]E logo, que liorta montaches? :) --Xabier Cid 19:54, 13 decembro 2007 (UTC)
Desculpa
[editar a fonte]Tardei en poñerme en contacto. Síntoo. A verdade é que se me pasou.
Os datos necesarios á hora de subir unha imaxe son a licenza e a orixe. Procedo a comentarcho:
A orixe
[editar a fonte]A orixe ou fonte da imaxe é un dato que indica de onde foi tirada a imaxe e que serve para comprobar que a licenza é correcta. A orixe colocarase ben en forma de ligazón a unha páxina web, ben incluíndo os datos dun libro (dito libro ou dita imaxe ten que estar no dominio público) ou indicando que é unha fotografía tomada por ti.
É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte se debe a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo (non do individuo obxecto da foto) e a que, segundo a legislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web tenga copyright. Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten copyright, e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 anos expresada antes). Só se poden subir fotos de aqueles lugares que indiquen que as imaxes están no dominio público y permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.
Dado que é dificilísimo que se dean estas condicións, alimentámos a Galipedia (Wikipedia galega) fundamentalmente con fotos feitas por usuarios ou imaxes antigas. Ademais hai que pensar que unha obra derivada (unha foto dunha imaxe con copyright) ten tamén copyright e non se pode subir (Véxase Commons:Commons:Obras derivadas)
A moitos usuarios lles sorprende o celo que procuramos ter coas imaxes para non atentar contra os dereitos de autor. Pensa que é crucial para a estabilidade do proxecto pois hai moitos intereses creados en contra de que todo o que poida ser cultura estea no dominio público.
A licenza
[editar a fonte]Se accedes á túa imaxe, observarás que está marcada para ser eliminada por falta de datos (se incorporas os datos podes eliminar as marcas de borrado). Como che dicía, os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza ou copyright e a orixe ou source.
A licenza escríbese nos datos da imaxe entre dobres parénteses (por exemplo {{GFDL}}). Tes unha relación de licencias en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe. Nesa páxina, verás unha táboa con tres columnas. A columna do medio indica o xeito de escribirse a licenza na Galipedia. A columna da esquerda ten unha ligazón que serve para ver a licenza que se coloca na imaxe, facendo click sobre unha das ligazóns que aparecen verás o que significa cada licenza.
Non só se poden subir imaxes á Galipedia. Tamén se poden subir a Commons (En commons só se pode subir fotos e material multimedia). A terceira columna indica a denominación das licenzas en Commons. As imaxes subidas a Commons incorpóranse ós artigos do mesmo xeito cás subidas á Galipedia, pero poden empregarse tamén nas wikipedias noutras linguas.
En Commons (hai unhas 800.000 fotos) poderás encontrar imaxes que están no dominio libre (permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial) para colocar nos artigos da Galipedia ou nos teus traballos. Levamos xa un tempo traballando na Categoría Galicia, pero por desgraza aínda temos poucas fotos dos concellos galegos.
¿Como incorporar os datos ás imaxes?
[editar a fonte]¿Cómo incluír eses datos cuando vas subir unha imaxe?
No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon Summary. Podes poñer aí os datos e así no tes que editar despois a foto.
¿Como indicalo cando unha imaxe xa foi subida?
- Accede á foto.
- Una vez que accediches, hai click na pestana editar que está na parte superior.
- Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses: {{PD-self}}, {{GFDL-self}}
- Garda la página
Conta comigo para o que necesites. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 20:58, 13 decembro 2007 (UTC)
Cambio radical
[editar a fonte]Ola Jurjinho! Pois penso que non habería problema, aínda que é mellor que agardes a resposta do usuario, para ver que opina. Se a túa intención é facer un cambio radical, intenta cando menos aproveitar todo o que se poida do actual artigo. Espero quedara clara a dúbida. Un saúdo. AlberteSi, digame? 13:36, 11 xaneiro 2008 (UTC)
- Pois se xa vai tempo sen contestarte coido que podes realizar xa a mudanza. Sorte co artigo. AlberteSi, digame? 14:03, 11 xaneiro 2008 (UTC)
Thomas Townshend
[editar a fonte]Boas, o artigo Thomas Townshend, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 7 de xullo de 2022 ás 19:16 (UTC)