Conversa usuario:Jarlaxle

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Jarlaxle!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

Saúdo de Benvida[editar a fonte]

Benvido á Galipedia Jarlaxle. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:09, 11 marzo 2007 (UTC)

Parabéns[editar a fonte]

Ola Jarlaxle. Parabéns pola estupenda galería de imaxes que tes en Commons e grazas pola túa axuda na mellora da Galipedia. Desculpa porque non manifestaramos antes o noso recoñecemento ao teu traballo. Esperamos que continues connosco moito tempo e que nos axudes a completar todos aqueles contidos que nos faltan :-) Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:13, 7 xullo 2007 (UTC)

Zeus faber[editar a fonte]

Tes dúas imaxes (Imaxe:Zeus faver.1 - Pez de San Pedro - Aquarium Finisterrae.JPG‎ e Imaxe:Zeus faver.2 - Pez de San Pedro - Aquarium Finisterrae.JPG)nas que tes que corrixi-lo nome, no título e na descrición. O correcto é faber, non *faver. Sáúdos. Pedro --Lameiro (conversa) 21:17, 22 novembro 2007 (UTC)

Aniversario[editar a fonte]

Ola Jarlaxle/Drow male. Onte domingo 24 de febreiro de 2008 cumpríuse un ano desde que fixeches a primeira colaboración neste wiki. Parabéns polo aniversario e polo traballo feito aquí, en Commons e noutros wikis. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:20, 25 febreiro 2008 (UTC)