Conversa usuario:Isómero
Benvido(a) á Galipedia, Isómero!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo.--Hugo22 13:33, 21 setembro 2008 (UTC).
Traducións automáticas[editar a fonte]
Ola Isómero! Benvido á Galipedia. Estás a crear unha chea de artigos que semellan ser traducións automáticas (da wikipedia en castelán, quizais?). Quería perdirche que despois de traducir eses artigos lles botes unha ollada para revisalos, xa que os tradutores automáticos non son moi recomendados. Deste xeito, creas artigos de escasa calidade que non contribúen a mellorar a Galipedia, xa que máis vale calidade que cantidade. Podes ver que os teus artigos están sendo marcados co modelo {{Atención}} (Carta 77, Viscosímetro, Prerrománico,...) polos motivos que dixen enriba. Tes á túa disposición a páxina Wikipedia:Axuda onde hai ligazóns cara a páxinas que che poden axudar para comezar a editar. E, por suposto, tesme a min e a máis colaboradores cos que podes contar para resolver calquera dúbida que teñas. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 14:03, 7 xaneiro 2009 (UTC)