Conversa usuario:Iriafigueroa
Benvido(a) á Galipedia, Iriafigueroa!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 20 de marzo de 2016 ás 20:53 (UTC)
Conflito de intereses[editar a fonte]
Boas, Iriafigueroa. Recoméndoche botar unha ollada a WP:CI polo novo artigo que acabas de crear. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 21 de marzo de 2016 ás 13:03 (UTC)
Boas, a ligazón que se incluíu en "Comités Abertos" está errada, serían "Comités" a secas, que xa teñen páxina creada na Galipedia. Saúdos --Iriafigueroa (conversa) 21 de marzo de 2016 ás 13:12 (UTC)
- Para responder a unha mensaxe doutro usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta. Mandeiche o aviso de "conflito de intereses" porque na primeira ligazón que atopei para referenciar o teu artigo vin que o teu nome de usuaria coincide co dunha integrante da dirección da organización. A Wikipedia é "a enciclopedia que calquera pode editar", pero "Evite editar ou teña moita precaución ao editar artigos sobre vostede ou a súa organización, así como proxectos e produtos relacionados" (isto forma parte dunha política oficial da Galipedia). Aínda así, convídote a seguir colaborando. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 21 de marzo de 2016 ás 13:45 (UTC)