Conversa usuario:Ima~glwiki

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Ima!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

  • Coma suxerencia a maiores, podes facer unha galeria de fotos do concello de Marín dentro da Galería de [Imaxes] deste proxecto (indicándolles algunha alusión a mesma). Un saúdo.--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 22:54, 28 decembro 2005 (UTC)
  • Non pasa nada, respondichesme ben, no lugar correcto. Coma min pordes contactar cos demáis compañeiros, e para calquera dúbida, ahí estamos. Un Saúdo e Boas (das que quedan) Festas.--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 23:50, 28 decembro 2005 (UTC)
  • Únome ao saúdo de benvida, espero que disfrutes colaborando coa Galipedia. Un cordial sáudo. --Prevert(talk) 00:10, 29 decembro 2005 (UTC)
  • Na publicación de imaxes hai dous procesos: a identificación do autor e a información dos dereitos (durante a carga da imaxe, tamén despois), logo está o tema da publicación. Ao inserir os arquivos nas páxinas pódese facer individualmente ou como galerías. As galerías asignan un tamaño preestablecido a cada imaxe, mentres que noutros casos hai que indicar esa información. Hoxe non é o día pero máis adiante cómpre clarexar os dereitos dalgunha imaxe concreta. Para calquera dúbida que teñas aquí estamos para axudarche. Felices Festas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 00:25, 29 decembro 2005 (UTC)

Problema coas imaxes de Marín[editar a fonte]

A orixe das imaxes (dato obrigado para que as imaxes non sexan borradas) debe permitir comprobar que a licenza é correcta. A orixe que indicas nas imaxes que subiches (podes localizalas aquí) non o permite.

Rógoche que te poñas en contacto comigo para podermos aclarar o asunto, mirarei de axudar para que non haxa que borrar as imaxes de Marín. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 21:11, 12 decembro 2006 (UTC)

Vai cambiar o seu nome de usuario[editar a fonte]

18 de marzo de 2015 ás 01:44 (UTC)

Renomeado[editar a fonte]

19 de abril de 2015 ás 07:38 (UTC)