Conversa usuario:Hortorub
Benvido(a) á Galipedia, Hortorub!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 23:22, 20 de maio de 2011 (UTC)
- Ola Hortorub. A túa páxina de usuario incumpre a política oficial. Por favor, retira a publicidade. Graciñas--. HombreDHojalata.conversa 19:34, 21 de maio de 2011 (UTC)
Ola Hortorub. Colliches unha imaxe da Galipedia, descargáchela ó teu ordenador, recortáchela e volviches a subila á Galipedia e mais a Wikimedia Commons coma da túa autoría. Cando sexa así tes que ter en conta que hai que citar a orixe da imaxe (o arquivo orixinal da Wikipedia en galego) e mencionar, tamén, quen é o autor da imaxe orixinal (se queres podes poñerte ti, a continuación, coma autor da "obra derivada"). De todas maneiras, despois non lle deches uso a esas subidas que fixeches. Se explicas exactamente o que querías facer igual che podemos axudar--. HombreDHojalata.conversa 07:21, 29 de maio de 2011 (UTC)
Imaxe copiada
[editar a fonte]E certo HombreDHojalata! Pero como comprenderas son muy novato neste menester. Tamen te darías conta que son de A Casiña, Arcos, Cuntis, é intento correxir os datos errados é falta de datos da miña localidade e arredores. O quería facer ca imaxe é poñela no título parroqui Arcos, Cuntis, que e a donde pertence, é non na imaxe que ta (fonte de Ferreiros) que pertence a aldea de Ferreiros. Tamen quero o mismo tempo que conste o meu traballo. Saúdos. --Hortorub 14:48, 29 de maio de 2011 (UTC) —o anterior comentario sen asinar foi feito por Hortorub (conversa • contribucións)