Conversa usuario:Ferreiragz
Benvido(a) á Galipedia, Ferreiragz!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo.. Tiven que desfacer a túa edición en Redondela por ser copia literal dunha web, non se permiten copias de web a non ser que explicitamente digan que están no dominio público ou teñan unha licenza compatible coa Galipedia. Por suposto podes facer artigos sobre eses xornais, ou mencionalos na páxina de Redondela sempre e cando non sexa copia, simplemente podes coller os datos que aparecen alí pero dándolle unha redacción propia.--Arco de Rayne 14:46, 8 abril 2008 (UTC)