Conversa usuario:Eracheboa

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ola, Eracheboa. Vin as edicións que fixeches en Xavier Lama e preguntábame se poderías referencialas. Semella raro que elimines contidos sen motivo aparente. Saúdos. Xoacas(unha palabriña doçe) 14:11, 11 de maio de 2010 (UTC)


Querido/a, fixen un pequeno retoque e direiche o motivo claro e meridiano que como editor/a ti non queres ver: fíxeno porque me consta que esta biografía está claramente manipulada para dar relevo á tendenciosa polémica que rodeou o premio González Garcés, porque comprobei que outras polémicas semellantes non están documentadas con relevo parello na Wiki e porque chega ao incalificable introducir un enlace co rótulo "Carta de X.L. bla-bla-bla" que realmente enlaza cun blog que reproduce dúas frases desa carta seguidas de abundantes argumentacións críticas e insultantes para a persoa que se supón estaría aí a dar a súa versión. Ainda que esas argumentacións non fosen tendenciosas e falseadoras, ten tela a maneira de introducir o enlace. Ben se ve que os controis de obxectividade e veracidade da wikip son doados de manipular, pero non deixa de ser patético quen ten que recorrer a estas baixezas para putear aos demais e manter vivo o lume do rancor.

É a enésima vez que se modifica o artigo Xavier Lama. Por favor, á volta trata de contribuír e non de destruír o contido que achegan outros usuarios. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18:24, 12 de maio de 2010 (UTC)