Conversa usuario:DARTORIUS

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, DARTORIUS!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibir mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses, etc.

Primeiros pasos

Na Guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos da políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá a mensaxe de «Tes mensaxes novas» e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 22:53, 28 febreiro 2009 (UTC)

Ola, benvido á Galipedia, revertín a túa edición en Xosé Manuel Cabada por elimares os datos que figuraban de antes no artigo.--RNC 22:44, 28 febreiro 2009 (UTC)

  • Xa existe un artigo sobre Linares: Linares, Xaén, se editaches na wiki en español supoño que saberás o funcionamento das wikipedias e que non se pode eliminar información sen dar explicacións. Non tomes a mal a miña actuación, podes ampliar o artigo canto queiras pero se eliminas información tes que dar unha explicación, caso contrario o máis normal e que antes ou despois quede revertida a edición. Pregunta o que queiras, e se estás traballando nun artigo pode poder o marcador enuso para que non che editen no que traballas.--RNC 22:52, 28 febreiro 2009 (UTC)
  • Falando enténdese a xente, se borraches eses datos por ter intención de redactar un artigo máis extenso que os vaia incluír non hai problema, pero se ti non o dis eu non podo adiviñalo, para eses casos o mellor é poñer o marcador {{enuso}}. Non é boa cousa mesturar unhas cousas con outras, e de política creo que non falei aquí, nin teño intención.--RNC 23:08, 28 febreiro 2009 (UTC)
  • Para poñer referencias eu o que fago é crear o apartado Notas:

== Notas == e abaixo <references/> e onde quero poñer a referencia <ref>referencia, citación ou ligazón</ref>. Non entendo moito de marcadores, a bibliografía póñoa sen utilizalos polo que non che podo axudar, podes preguntar a algún dos administradores, que seguro terán máis coñecementos diso ca min.--RNC 23:29, 28 febreiro 2009 (UTC)

  • Boas, Dartorius. Tes o marcador de EnUso posto no artigo Xosé Manuel Cabada. A ver se atopas un oco para o rematar, que leva sen cambios dende o primeiro de marzo. Abur.--Atobar (conversa comigo) 15:01, 6 maio 2009 (UTC)