Saltar ao contido

Conversa usuario:Cprieto

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Cprieto!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Hugo22 16:08, 21 outubro 2008 (UTC).

RE: Referencias[editar a fonte]

A ver, engadir podes engadir a información. O que pasa que, ao mellor, haberá que citar as fontes para algunhas partes do texto que sirvan para confirmar os datos achegados (senón hai que marcalo co marcador {{Cómpre referencia}}). Anímote a que amplíes o artigo e logo xa se verá qué precisa dalgunha referencia.

Pola inexperiencia co sistema, non te preocupes, dentro de pouco xa o irás controlando mellor. E para o das sinaturas, tes que premer no cuarto botón pola dereita dos que aparecen na caixa de edición; se queres máis axuda podes ler Wikipedia:Como contactar con outros usuarios, ademais temos a páxina Wikipedia:Axuda onde podes buscar os contidos nos que teñas dúbidas... E por suposto tamén estou eu e moitos outros máis usuarios que che poden dar consellos cando os necesites. Deica logo e grazas de novo! --Toliño Fala aquí comigo 16:53, 29 xaneiro 2009 (UTC)