Conversa usuario:Carmen Dias

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Carmen Dias!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Maria zaos (conversa) 13 de novembro de 2019 ás 08:28 (UTC)[responder]

Bo día, Carmen. Benvida a Galipedia. Grazas por animarte a editar esta entrada. Se tes pensado continuar a traballar nela é mellor que poñas o marcador en uso. Por favor, nesta páxina de conversa tes varias guías moi importantes á hora de editar na Galipedia. Revisa por exemplo, o libro de estilo. Por outra banda, semella que estás a traducir o contido que figuraba na mesma entrada na Wikipedia en castelán. Ese contido, aínda que poida ser usado e polo tanto traducido, segue a ter dereitos de autoría, polo que é importante que cando traias contido doutros proxectos Wikimedia o fagas constar no resumo de edición (algo como "copio contido /traduzo contide desde es.wiki") e/ou na páxina de conversa usando o modelo "traducido de". Podes ver como se visualiza lendo a pestana de conversa porque xa o coloquei eu. Aquí podes consultar como e cando se usa un modelo. É importante tamén que non esquezas incluír as referencias que aparecían no artigo orixinal, xa que todo contido na Wikipedia ten que estar referenciado. Para calquera consulta, non dubides en contactar na Taberna(Axuda) ou escribindo na miña páxina de conversa. Un saúdo e a seguir!.--Maria zaos (conversa) 13 de novembro de 2019 ás 08:51 (UTC)[responder]