Conversa usuario:Candilero

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Candilero!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:08, 14 de xaneiro de 2011 (UTC)

Manuel Gallego[editar a fonte]

Ola, Candilero. Desfixen a túa edición en Manuel Gallego Jorreto, pois atopei unha referencia sobre a súa autoría da casa do concello de Forcarei. Se ti tes algunha referencia en contra máis fiable recupera a túa edición, pero por agora é o único que temos. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:11, 14 de xaneiro de 2011 (UTC)

O que ten de bo a wikipedia é que todos podemos contribuír a mellorala. Non tes que pedir permiso a ninguén, só hai unhas poucas e sinxelas normas que hai que observar, e neste caso a que nos afecta é a da verificabilidade: se un editor di que o concello de Forcarei é de Manolo Gallego e adxunta unha fonte válida e fiable que así o di, esa información dáse por boa. Se ti dis que é de Portela e Pascuala non tes máis que corrixilo adxuntando unha referencia válida (a poder ser máis fiable que a actual) que apoie esa afirmación. Eu, vendo a foto, podería supoñer sen ningún esforzo que o edificio é de Gallego, pero tampouco me soaría raro que fose do Portela de hai uns anos, xa ves ti. Ánimo coa Galipedia, que ten moita necesidade de colaboradores. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:43, 14 de xaneiro de 2011 (UTC)

Todo tipo de referencias son válidas, mentres se consideren fiables, tamén as bibliográficas, por suposto. O que dis da cadea de erros é certo, e de feito xa se deu máis dunha vez o caso, pero aí vese ben que os periódicos, revistas etc non teñen en conta que a Wikipedia non é unha fonte primaria, en todo caso debería ser a Wikipedia a que se alimentase dos periódicos e revistas, que se supón que verifican as súas fontes por varias vías antes de darlle saída ás súas informacións. De todos modos insisto en que a mellora dos artigos está en todos os que en cada momento queiramos e poidamos melloralos, o editor orixinal pode estar ausente, dado de baixa ou de vacacións. Neste caso eu mesmo comprobei na rede que o que dis é certo, nun texto da Biblioteca Virtual Galega que atopei, e ó que deixei unha ligazón na páxina de conversa do artigo para xustificar a retirada da información sobre o concello de Forcarei, pero poderías facelo ti mesmo se te animases. Por certo, se falas disto con César dille que a súa páxina web é moi mona, pero escasa de contidos, é onde un espera sempre atopar as referencias máis sólidas, pero a metade das súas obras non aparecen, só as máis "aparentes". Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 13:29, 14 de xaneiro de 2011 (UTC)

A próxima vez fareino eu; teño que familiarizarme có funcionamento de wikipedia. O dos periódicos é lamentable, e "el mundo" ten especial habilididade para publicar o primeiro que atopa en internet, e ainda por riba non indicar as fontes. De feito chamámolos advertindoos do erro inicial, mandámoslle nós unha fotografía do estudio con licencia CC, e poñen a pé de foto "foto: elmundo.es". Por certo, con César non teño relación, se non con Gallego.—o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.165.229.35 (conversacontribucións)

Pois xa sabes, calquera axuda é benvida, e precisamente os artigos sobre arquitectura están totalmente en mantillas. Para calquera axudiña ti pide, pide, que aquí estamos para servir. E unha cousiña: que non che esqueza asinar as túas mensaxes (se antes inicias sesión mellor). Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 18:08, 14 de xaneiro de 2011 (UTC)

  • ¿Fariásme o favor de darme a ligazón a esa noticia de El Mundo? Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 18:20, 14 de xaneiro de 2011 (UTC)

Marchando. Esta xa é a correxida. http://www.elmundo.es/elmundo/2011/01/12/suvivienda/1294832824.html