Conversa usuario:César Reis~glwiki

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ola, César Reis. Benvido á Galipedia. Editei o artigo sobre A Voz de Vilalba reducindo a súa extensión, e neutralizando opinións e valoracións. Se tes calquera dúbida, podes preguntarme sobre o tema. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 19:51, 31 maio 2008 (UTC)

Ola, César Reis. Se suprimín opinións doutras persoas, que son unha fonte fiable e referenciable, debe consignarse apropiadamente. É difícil saber cando estamos falando da opinión dun estudoso a cando a opinión dun mesmo, se non se indica. Por outra parte, existe un principio da wikipedia que é que os artigos deben ter unha extensión axeitada á súa relevancia, e que os artigos deben constatar esa relevancia, non apoiarse en feitos laterais para simular esa relevancia. Vou ao caso. Se ti dis que a Voz de Vilalba tiña 500 subscritores (dato, por outra parte, que non se referencia), ten unha discreta relevancia, particularmente cando non mencionas se esa subscrición era anual, gratuíta, etc. Pero complétalo dicindo que persoeiros famosos estaban subscritos. Iso eleva a importancia do xornal? Non. Eleva a súa calidade? Non. Que estivese subscrito o cardeal Rouco Varela (daquela non era cardeal, ademais) ou un tendeiro de Vilalba non fai a publicación máis relevante. Por iso mesmo, é un dato que funciona como trampa. Veralo obvio desta maneira: considerarías lóxico que no artigo relativo a El Progreso se dixese que Rouco Varela está subscrito?

É o mesmo caso que cando relacionas (un parágrafo enteiro) o xornal coa Lei de Normalización. É unha opinión túa, que non achega ningún tipo de proba, e que só parece pretender crear unha ilusión de causa-efecto que é inexistente.

Finalmente, aconsellaríache que, se queres ampliar o artigo o fixeses con datos reais (formato, tipo de colaboradores, vías de distribución, etc.) e non con opinións que pretenden aumentar a relevancia da publicación dunha forma irreal. Ademais, debes saber que non se debe empregar a wikipedia para facer promoción de causas, produtos, persoas ou ideas. Que as únicas colaboracións túas en catro wikipedias distintas se dirixan única e exclusivamente a promover un xornal no que ti escribes, non é un argumento ao teu favor. Unha aperta. --Xabier Cid Conversa 21:18, 31 maio 2008 (UTC)

Ola, César Reis. Fixen un pequeno engadido en relación á web actual. Desculpa se fun un pouco brusco coa miña primeira mensaxe (agora ao lela de novo paréceme que si). Calquera cousa que necesites, eu mesmo ou os demais usuarios da wikipedia estaremos dispostos a botarche unha man. Boa sorte, e bo traballo. Ah, é unha convención que as intervencións nas conversas alleas se poñen ao final, e non ao principio, ;) Así poden ser localizadas doadamente. Un saudiño--Xabier Cid Conversa 14:01, 1 xuño 2008 (UTC)

Vai cambiar o seu nome de usuario[editar a fonte]

18 de marzo de 2015 ás 01:44 (UTC)

Renomeado[editar a fonte]

19 de abril de 2015 ás 07:38 (UTC)