A Voz de Vilalba foi un xornal editado en Vilalba entre 1983 e 1986. Contou con vinte e sete números e varios especiais, e unha tiraxe media de cincocentos exemplares.
O xornal saíu á rúa por primeira vez o 29 de xuño de 1983. Estaba promovido por tres rapaces, Moncho Paz, Paulo Naseiro e Mario Paz (de once e doce anos). A publicación estaba integramente en galego. Entre as actividades asociadas ao xornal tivo lugar en Vilalba unha exposición de diversos xornais de todo o mundo, en 1985.
En febreiro de 2008 comezou a publicarse un blog co mesmo título, e onde colaboran os tres fundadores da Voz de Vilalba en papel. Recolle información e comentario das novas locais, así como moitas referencias a esa primeira época en papel. Cesou en 2023.