Conversa usuario:Blanca~glwiki

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Blanca!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Alberte Si, dígame? 15:37, 23 decembro 2008 (UTC) Sobre o xeito de expoñe-las obras do persoeiro do artigo, creo que non hai unha regra común, mais habitualmente ponse a obra, se está feito xunto con outros póñense eses outros, e o ano. O ISBN, a editorial, a cidade e ese tipo de datos adoitan porse no caso de bibliografía empregada para redacta-lo artigo. O mellor xeito de ir vendo cono escribi-la sección obras dun escritor é vendo artigos doutros escritores. Agardo ter sido de algunha axuda. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 15:37, 23 decembro 2008 (UTC)

Ángel Padín[editar a fonte]

Bos días Blanca. Acabo de restaura-lo artigo de Ángel Padín, xa que vexo que tes interese nel. A razón do borrado é que é copia textual dun documento editado por http://www.academiagallegabellasartes.org/gestor/archivos/PADINPANIZOgal.pdf, o cal viola os principios da Galipedia. Non podemos copiar e pegar un texto xa que iso atenta contra o copyright que poida te-la páxina (ou libro). Ti podes utilizar como fonte de información calquera orixe (impreso ou dixital), sempre que sexa fiable, claro. Pero iso é unha fonte, non o propio artigo. É dicir: podes partir dese texto e redactalo doutra forma, engadindo información doutras fontes. En definitiva, crear un texto novo a partir dunha fonte. Como cando faciamos un traballo no instituto a partir da bibliografía que nos indicaban.

Déixoche o artigo aí para que o modifiques no sentido que che indico e elimino a marca de lixo. Cando remates mándame unha mensaxe para elimina-la marca de atención. E calquera pregunta que queiras facer faina sen medo, a min ou a calquera outro administrador. Saúdos e bo traballo. Pedro --Lameiro (conversa) 13:59, 24 decembro 2008 (UTC)

  • Despois de darlle máis voltas ó asunto, trala atinada observación de Prevert, decidín face-lo borrado da páxina por violación do copyright. Blanca, xa te-la páxina de orixe coa información, da que podes partir -como che explicara antes- para crear de novo o artigo. Mentres non o fagas nós non podemos ter na Galipedia un artigo nesas circunstancias. Supoño que o entenderás. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:39, 24 decembro 2008 (UTC)

Artigo Ángel Padín[editar a fonte]

Entendoo perfectamente. Poñereime traballa. grazas os dous. [Esta mensaxe deixouna usuario:213.60.9.91, 13:35, 25 decembro 2008, pero esqueceu asinar]

Vai cambiar o seu nome de usuario[editar a fonte]

18 de marzo de 2015 ás 01:43 (UTC)

Renomeado[editar a fonte]

19 de abril de 2015 ás 07:38 (UTC)