Conversa usuario:Bardaos

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Olá. É sobre a imaxe Image:Localizacion.jpg, que subiches á Galipedia e puxeches no dominio público. Para isto tes que ter o copyright dela, isto é, tiveches que ser ti quen a debuxase. Se se trata dunha foto dun mapa que dixitalizache e sobre o que pintache, este mantén o seu copyright. Na Wikipedia todos os contidos son libres e, polo tanto, non se poden incluir contidos que violen o copyright. As leis que o gobernan son moi complicadas (e a min cóstame entendelas, recoñézoo), pero están explicadas como política de uso de imaxes e, no caso de imaxes derivadas, en commons. Non abonda con sinalar que se coloca algo no dominio público: hai que demostrar que se ten a capacidade legal de facelo. Se é o caso que non dispoñas dese copyright, é posíbel que algún administrador a elimine - talvez sen avisar previamente. Se tes dúbidas, ponte en contacto cun administrador, que seguro que che poderán guiar mellor do que eu. Un saúdo. --Xosé (✉) 21:57, 11 febreiro 2007 (UTC)

Outro problema de copyright[editar a fonte]

Olá, Bardaos. O texto que inseriche en Bardaos, San Sadurniño provén de http://usuarios.lycos.es/sanpipote. Non se poden copiar textos doutras páxinas web que non manifesten expresamente que os seus textos poden ser usados libremente. Se, como supoño, ti es o autor desas páxinas, neste caso abondaría con que na páxina de discusión de Bardaos o manifestes e des permiso expreso, cunha nota do tipo "Texto procedente de http://usuarios.lycos.es/sanpipote, do cal son eu o autor, e que permito publicar baixo a licenza Libre GNU para Documentación", asinando logo con catro ~~~~. Se non é así, o contido da páxina poderia ter que ser borrado. Un saúdo. --Xosé (✉) 18:33, 15 febreiro 2007 (UTC)


Ola, Xosé. Non sei se esta é a forma de que ti poidas ler os meus mensaxes. O certo é que son bastante novato nisto das wiki´s. Moitas grazas polas túas anotacións. Xa incluín as notas aclaratorias dos orixes do texto, pero con respecto á imaxe non sei moi ben como proceder, pq non lembro de onde a obtivera, e logo editaraa eu manualmente. Un saúdo e grazas de novo! Bardaos 09:30, 19 febreiro 2007 (UTC)

Orixe descoñecida[editar a fonte]

Perigo
Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza
Image:Localizacion.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Localizacion.jpg', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes



Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 16:24, 25 xaneiro 2008 (UTC)